Ola nenos e nenas!
Quería facervos unha recomendación. Penso que esta situación pode ser unha boa oportunidade para afondar un pouquiño na historia e descubrir lugares espectaculares. Por medio deste enlace que vos facilito, poderedes visitar diferentes lugares como as Covas de Altamira, a Mezquita de Córdoba, o Palacio de Versalles ou a Casa Batlló. Moitos deles permiten un tour virtual mediante o cal podedes acceder ao interior.
Os diferentes lugares que podedes visitar aparecen agrupados dentro da idade histórica á que pertencen, polo que se trata dunha boa oportunidade para refrescar a liña do tempo histórico.
Enlace: https://www.franzabaleta.com/index.php/8-mundos-historicos/290-como-viajar-sin-salir-de-casa-visitas-virtuales-a-lugares-historicos
Espero que “viaxedes” un pouquiño por esta páxina e vos deixedes atrapar por estes bonitos lugares.
Un saúdo e moito ánimo!
Sareva.