Celebramos o Día das Letras Galegas o venres 21 de maio. Este ano estivo adicado a Uxío Novoneyra, o poeta do Caurel. No cole fixemos un festival.
Os de Infantil representaron a obra de teatro "A princesa do Caurel".
Primeiro cantou "O sancristán de Coimbra.
Segundo representou unha rimas.
Terceiro representou a obra "A formiga dá a volta ao mundo".
Cuarto escenificou "Os vellos granxeiros".
Quinto e sexto ofreceron un recital de poesías de Uxío Novoneyra.
A continuación os alumnos de infantil e primeiro ciclo de primaria participaron nun circuito de xogos populares instalados no patio do cole. Había mariolas, circuitos de chapas, aros, rá, chave...
Os maiores fixeron unha proba de pistas sobre as letras galegas e Uxío Novoneyra: