Skip to Content

MECO. MARTES

 

Orde do meco para mañá martes

XORNADA PORTAS ABERTAS

 

O vindeiro mércores 24 de febreiro as 15.45 horas celebraremos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as instalacións do centro a aquelas familias que puidesen estar interesadas en matricular aos seus fillos o vindeiro curso académico no grupo de 3 anos.

 

Por motivos organizativos, agradeceríamos que todas aquelas familias interesadas chamen ós teléfonos 881 88 09 08 - 881 88 09 10  para reservar a súa praza.

 

Adxuntamos breve tríptico explicativo do centro en documentos adxuntos.

 

Un saúdo.

MECO. LUNS

 

Esta é a orde do meco para o vindeiro luns

TUTORIAIS DISFRAZ ENTROIDO

 

Aquí tedes en documentos adxuntos sendos arquivos PDF cos tutoriais para facer o disfraz de Entroido paso a paso.

 

Aproveitamos a ocasión para agradecer o traballo e dedicación dos membros do ANPA. A súa implicación e esforzo fixeron posibles estes tutoriais. Están dispoñibles o do gorro de peregrino, a capa e o vestido básico.

 

Asimesmo, desde a dirección do centro queremos agradecer ó Concello de Oza dos Ríos a súa colaboración coa doación dos materiais necesarios para elaborar os disfraces de todo o noso alumnado.

 

Por último, foron repartidos os packs cos materiais necesarios para elaborar o disfraz. O pack está composto de 2 bolsas de plástico, 1 patrón do gorro, 1 goma EVA, 1 cruz e 1 cuncha. Se vos falta algo no pack, pedídeo a vindeira semana na dirección do centro

 

Un saúdo

Venres 18 de febreiro 2022

DÍA DA PAZ 2022

 

Aquí vos deixamos o video conmemorativo da celebración do Día da Paz coa voz da nosa compañeira Eloá (3º E.P.) acompañada por todos os alumn@s do centro que aprenderon a canción "Tren Bala" da cantante Ana Vilela cantada en portugués.

 

Ademáis os alumnos e alumnas de 5º EP fixeron unha lectura reflexiva sobre a paz. As súas reflexións foron colgadas na árbore do cole, onde cada un dos nen@s deixou a súa pomba. 

 

Ademáis, os alumn@s de Educación Infantil fixeron unhas guirnaldas para decorar o corredor principal do centro.

 

 

DÍA DA PAZ 3º E.P.

 

Os alumnos/as de 3º Educación Primaria imaxinan o seu mundo ideal polo Día da Paz

 

NOVIDADES PROTOCOLO COVID

 

No día de hoxe, 18 de xaneiro de 2022, foi enviada unha nota vía plataforma AbalarMobil enumerando as novidades máis destacables do protocolo Covid para centros educativos respecto ós centros de Infantil e Primaria.

 

Neste link poderedes atopar o protocolo completo.

 

Un saúdo

CURTOMETRAXE ELABORADO POR 6º E.P.

 

Estamos de estrea¡ Xa podedes disfrutar do curtometraxe elaborado durante todo o primeiro trimestre polos rapaces de 6º de Educación Primaria. O seu titulo é Asalto no Camiño. Hai moito traballo feito con gran cariño e esforzo. Desexamos que vos guste¡¡¡

FOTOS VISITA PAPA NOEL

 

Xa podedes ver as fotos da visita de Papa Noel ao centro. Podedes acceder a elas clicando no botón GALERÍA localizado na parte superior dereita desta páxina web. Unha vez dentro atoparedes as fotos clicando ALBUMS ----> ULTIMAS SUBIDAS. 

 

Durante os vindeiros días subiremos todas as fotos que temos do festival de Nadal así como videos das actuacións que levaron a cabo os nosos alumn@s.

 

Un saúdo

23 de decembro 2021

2ª ETAPA: NADAL!

CONTINUAMOS O NOSO CAMIÑO CANTANDO PANXOLIÑAS. BOAS FESTAS! 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut