Skip to Content

NOVO CAPÍTULO RADIO RUMOROZA

 

Co gallo da visita do dúo de música folk Caamaño e Ameixeiras, publicamos un novo episodio do noso podcast cunha interesante entrevista a estas dúas fenomenais artistas

 

CONCERTO

 

No día de onte tivemos a sorte de desfrutar do concerto do dúo de música folk Caamaño e Ameixeiras que durante máis de media hora tocaron variados temas de composición propia para todo o noso alumnado. Nun dos temas tiveron a colaboración especial de Jomil Sánchez e Nerea Sánchez que coas súas marabillosas voces fixéronlle os coros ás artistas invitadas.

 

Ademáis, tiveron a amabilidade de concederlle unha entrevista aos alumnos de Sexto de EP que proximamente será publicada no noso canal de Ivoox de Radio Rumoroza. 

 

PRESENTACIÓN TERRIÑA

 

Durante o día de onte puxemos en marcha o proxecto anual de centro que nesta ocasión estará centrado no cambio climático e en todos os problemas ligados á conservación do noso planeta. Para elo, presentamos a todo o alumnado á mascota que será a protagonista de todas as accións que se leven a cabo durante este curso: Terriña.

Como punto de partida, onte se lle contou ao alumnado a historia do Capitán Verdemán e os rapaces compuxeron unha canción ao respecto que cantaron co motivo da presentación da mascota do centro.

 

RECOMENDACIÓNS XERAIS ACTUACIÓN FRONTE AO COVID

 

Tendo en conta o repunte de casos de Covid na vila, e que na actualidade non existe ningún tipo de restricción no ámbito educativo, adxuntamos no seguinte link as últimas instrucións publicadas pola Consellería con data 5 de setembro.

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/intrucions_covid_conxuntas_5_setembro.pdf

 

19 de outubro de 2022

 

CALENDARIO ESCOLAR 22-23

 

 FESTIVOS LOCAIS NON LECTIVOS - 15 E 16 DE MAIO 2023

PODCASTS

 

Dentro da intención do centro de atopar novas experiencias pedagóxicas para facilitar o aprendizaxe do noso alumnado, continuamos a empregar a nosa radio escolar instalada durante o curso pasado.

Coa coordinación do mestre de Música Pablo Pardo, nesta ocasión un grupo de alumnos de 6º de E. Primaria lanzáronse a producir dous breves capítulos temáticos sobre o oso polar e sobre o lobo. Invitámosvos a que os escoitedes no noso canle de Ivoox clicando nos seguintes ligazóns

 

 

PLAN DIXITAL

 

Dentro das actuacións promovidas para o desenvolvemento das novas tecnoloxías no ámbito escolar por parte da Consellería de Educación, o consello escolar da escola vén de aprobar na reunión celebrada o 7 de setembro o Plan Dixital de centro que se estivo a elaborar durante todo o curso académico pasado. Dito plan pasa por ser o instrumento que adecúe e facilite o uso dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido desde o obxectivo de desenvolvemento pleno e integral do alumnado.

 

Un dos obxectivos deste Plan Dixital é a creación dunha pequena aula de informática da que carecía o noso centro. Veñen de ser instalados 6 equipos informáticos para uso controlado do alumnado e a intención da dirección é incrementar a dotación de equipos a curto prazo.

 

Clicando AQUÍ poderedes consultar o Plan Dixital de Centro.

INSTRUCIÓNS INICIO DE CURSO

Horarios de entradas:

 

Alumnado con transporte:

-Entrada: 9:20h. Unicamente os alumnos con transporte comezarán a entrar ao centro a esa hora.

 

Alumnado sen transporte:

-Entrada: 9:30h. A hora de entrada no centro para todo o alumnado que non veña en transporte escolar. NON SE PODERÁ ENTRAR CON ANTERIORIDADE A ESA HORA (unicamente se farán excepcións por mor de causas climatolóxicas)

 

Alumnado 3 anos:

O alumnado do grupo de 3 anos de Educación Infantil fará a entrada directamente na súa aula. (Parte posterior do centro pegada á Escola de Música).

No caso de familias con irmáns en outros grupos, ambos nen@s entrarán preferentemente pola entrada principal do centro.

 

AVISO IMPORTANTE

A hora de entrada é de obrigado cumprimento para todo o alumnado. Pregámosvos que sexades puntuais para un bo funcionamento e organización da actividade lectiva. Non se permitirá a entrada tarde no centro a menos que exista causa debidamente xustificada.

 

Horarios de saídas:

 

Alumnado sen transporte e sen comedor:

 

-Saída alumnado de E. Infantil14:20h.

-Saída alumnado de 1º, 2º, 3º E. Primaria14:25h. 

-Saída alumnado de 4º, 5º, 6º E. Primaria14:30h.

 

Alumnado con transporte e con comedor:

 

-Saída alumnado: 15.20h

 

Alumnado sen transporte e con comedor:

 

-Saída alumnado: 15:25h.

 

Alumnado LUDIOZA:

 

-Saída Ludioza (Concello):15:30h

 

Non se poderá recoller ao alumnado fora deste horario a non ser que sexa de forma puntual e debidamente xustificada, coa fin de evitar o tránsito de persoal polos corredores.

 

Outras consideracións xerais

  • Este ano ofertaranse actividades de biblioteca no mesmo centro polas tardes, como era costume, en horario de 15.30h a 16.55h.

  • O servizo Ludioza/Madrugadores xestionado polo Concello poderá ser empregado por aqueles alumnos cuxos pais ou titores xustifiquen debidamente que non poden recoller ós seus fillos por motivos laborais, favorecendo dese xeito a conciliación familiar.

  • A vía de comunicación preferente coas familias será a páxina web do centro e/ou sistema de mensaxería AbalarMobil.

  • O servizo de comedor será ofertado de modo habitual nun só turno, en horario de 14.30h a 15.20h. Preferentemente para unha maior eficiencia na xestión pregámosvos que fagades uso do pago online.Se facedes pago mediante Abalar non é necesario que entreguedes xustificante (xa nos aparece no sistema). Calquera outro sistema de pago online necesitamos que nos mandedes os xustificantes de pago ao email do centro.

  • O uso da máscara no servizo de transporte é obrigatoria para TODOS os usuarios, con excepción dos menores de 6 anos.

 

 Luns 5 de setembro de 2022

 

 

 

MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA

 

Membros da nosa Comunidade Educativa

- Equipo Directivo

Juan Manuel Martín del Río (Director)

Paula Serna Abad (Xefa de Estudos)

Carlos Melchor Couto (Secretario)

- Profesorado

Educación Infantil

María del Carmen Seoane Cabezal (4º)

Reyes Marcote Andreu (5º)

Raquel López (6º)

María Elena Garay Fernández (APOIO)

Carlos Melchor Couto (Ed. Estranxeira Inglés)

Pablo Pardo Rodríguez (Música)

María Raquel Fraga Pedreira (Relixión Católica)

Educación Primaria

Celsa Tasende Fraga (1º )

Estela Mª Gómez Gómez (2º)

Flora Golpe Marcote (3º)

Alba Castelo Cuesta (4º)

Sandra Teixido (5º)

María José Dopazo Manso (6º)

Juan Manuel Martín del Río (Ed. Física)

Pablo Pardo Rodríguez (Ed. Musical)

Carlos Melchor Couto (Lingua Estranxeira Inglés)

Celsa Tasende Fraga (Lingua Estranxeira Inglés)

María Raquel Fraga Pedreira (Relixión Católica)

Orientadora: Paula Serna Abad

PT: Lucía Calvelo

AL: Patricia Platas Montánez

- Persoal non docente

Isabel Mao Casas (Coidadora)

María Isabel Sánchez Sánchez (Conserxe)

Iago Arias Bautista (Persoal cociña)

Divina Varela Varela (persoal cociña)

Distribuir contido


by Dr. Radut