O día mundial do medio ambiente é unha conmemoración anual que se iniciou no ano 1974, a proposta das Nacións Unidas para promulgar a protección do medio ambiente e espertar a conciencia referente aos problemas ambientais, como son: a contaminación, o quecemento global, a deforestación, desertización, etc.
Este ano imos centrar a conmemoración deste día na importancia e o coidado dos bosques, en concreto, das árbores. Éstas son de suma importancia porque transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan o risco de inundacións e evitan a erosión do solo, entre outras moitas funcións.
Para comezar propoñemos a lectura dun conto na que o seu protagonista – Xaime – ten un especial empeño en plantar unha árbore. Agardamos que vos guste:
· Conto: “Xaime e as landras”, escrito por Tim Bowley e ilustrado por Inés Vilpi.
o https://www.youtube.com/watch?v=YbJCFDAIYjc
o Actividade: debuxo unha árbore, pero antes…
§ Nas saídas e paseos que agora xa podemos dar pola contorna, observo as árbores que vou vendo.
§ Escollo unha que me guste e fíxome nos detalles: como é de grande, como é o seu tronco, de qué cor son as follas, cal é a súa forma, como son as súas pólas, etc.
§ Debuxo a árbore observada na ficha adxunta.
§ Coa axuda de mamá/papá busco o seu nome e escríboo.
§ Para os máis peques, se é moi difícil debuxar a árbore, podedes descargar unha desta páxina e que a coloreen:
· https://colorearimagenes.net/dibujos-de-arboles-para-colorear/
o Actividade de plantación: no conto Xaime plantaba landras. Nesta época do ano non hai landras, así que propoñémosvos que plantedes algo máis sinxelo: unha faba. Se queredes tamén podedes optar pola semente dunha mazá, ou aguacate, ou lentellas, ou probar a plantar varias cousas á vez. Neste enlace tedes como facelo:
§ https://www.pequeocio.com/como-plantar-semillas/
§ Aquí hai un vídeo de cómo plantar lentellas:
· https://www.youtube.com/watch?v=ySwkerHztvg
§ Tedes que plantar a semente e observar como vai medrando, coidala e transplantala se é o caso. Podedes ir sacando fotos durante o proceso de crecemento para ter constancia dos cambios que vai experimentando a vosa plantiña.
· As árbores forman bosques nos que viven moitos animais. No seguinte enlace tedes imaxes dos animais que viven no bosque para colorear. Escolle os que máis che gusten:
o https://www.edufichas.com/blog/animales-bosque-para-colorear/
· Como xa explicamos antes, as árbores son moi importantes para o medio ambiente, por iso queremos deixarvos aquí a historia real de Wangari Maathai, unha muller que loitou por recuperar as árbores no seu pais. Aquí tedes a súa historia recollida neste conto:
o Conto: “Wangari y los árboles de la paz”
§ https://www.youtube.com/watch?v=WdobZKZ4UTE
· Agora tócavos a vos, os pequenos/as de Oza ver qué cousas podedes facer para axudar a coidar o medio ambiente. Premede nos enlaces destes vídeos para ter máis información:
o Ensinar a reciclar aos nen@s – canción:
§ https://www.youtube.com/watch?v=vFdi5HPU5GE
o No colexio traballamos o reciclado dos envases para axudar no coidado do medio ambiente. Precisamente sobre reciclado de envases, estas pequenas unidades ofrecen ideas e actividades para facer que podedes adaptar na casa:
o http://www.auladeocio.com/wp-content/uploads/2018/02/infantil-1.pdf
o http://www.auladeocio.com/wp-content/uploads/2018/02/infantil-2.pdf
o http://www.auladeocio.com/wp-content/uploads/2018/02/infantil-3.pdf
· Un dos perigos do bosque son os incendios forestais. Aquí tedes un corto de Disney que vimos no colexio e que vos gustou moito. Chámase “Árboles y flores”:
o https://www.dailymotion.com/video/x2iwicy
· As árbores na arte: moitos pintores famosos teñen cadros nas que a figura central é unha árbore. Un exemplo disto é a obra de…
o Wassily Kandinsky – “El árbol”, unha obra sinxela e chea de cor. Podedes crear a vosa árbore de arte, coma esta seguindo os pasos do seguinte enlace (está en inglés pero é sinxelo de entender).
§ https://artprojectsforkids.org/kandinsky-tree-collage/
o Gustav Klimt – "El árbol de la vida” – esta é para os nenos/as máis grandiños/as, xa que resulta un pouco máis complicada. Atrevédesvos?
§ https://artprojectsforkids.org/how-to-draw-the-tree-of-life/