Skip to Content

FESTIVAL FIN DE CURSO

Pechamos o curso académico 23-24 co tradicional festival de fin de curso e actos de graduación de fin de etapa. Desexamos agradecer o grande esforzo feito por todos os rapaces así como as grandes actuacións e números musicais creados polas súas titoras xunto coa asistencia de todas as familias. 

E por riba de todo, como sempre, agradecer enormemente todo o tempo e esforzo das persoas que conforman a directiva da ANPA que decoraron e puxeron a punto o escenario para que luciran aínda máis e mellor as actuacións dos pequenos.

Boas vacacións a todos!!!

 

PECHE DE OURO DO PROXECTO DE CENTRO "ARQUITECTURAS DA MEMORIA"

Conseguímolo!!! Despois dun ano de duro traballo, puidemos presentar o resultado final do noso proxecto de centro "Arquitecturas da Memoria". Nunha fermosa xornada, a pesar de que o tempo non acompañou, puidemos compartir tempo cos nosos informantes e fixemos un pequeno acto de agradecemento polo seu tempo, dedicación e sobre todo POLAS SÚAS HISTORIAS.

Fixemos unha ruta por uns cantos puntos seleccionados para a ocasión, reproducimos os audios coas historias contadas no seu dia polos nosos informantes e mostrámoslles, con moito orgullo, a todas as familias que quixeron acompañarnos o valioso producto final de todo un curso no que traballamos arreo.

Desexamos agradecer a todos os que colaborastes coa iniciativa e que fixestes posibles que esta App se fixese realidade. Conseguimos crear un espazo interxeracional onde o alumnado de 5º e 6º de E. P. tivo contacto cos seus maiores na busca de historias interesantes acontecidas no noso concello grazas ao empeño de moitos: familias, informantes, membros do claustro, concello de Oza-Cesuras, e, sobre todo, grazas ao empeño de Pablo Pardo, mestre de música e auténtico canalizador e creador de toda esta grande aventura.

Prometemos seguir barullando con este proxecto durante o curso que ven. Estade atentos ás novas historias!!!

ACTUALIZACIÓN: QUEREMOS DAR AS GRAZAS A LA VOZ DE GALICIA, E PARTICULARMENTE A TONI SILVA, POR FACERSE ECO NO SEU PERIÓDICO DESTA INICIATIVA. NA SEGUINTE LIGAZÓN PODEDES LER A NOTICIA

APERTURA PRAZO SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR 24/25

Comunicámovos a apertura do prazo para realizar a solicitude de uso do comedor escolar para o vindeiro curso 2024/2025. A entrega dos impresos realizarase na conserxería do centro antes do 21 de xuño para poder organizar adecuadamente todos os aspectos relativos ao comedor escolar.

Na parte inferior desta entrada atoparedes os impresos necesarios para realizar a solicitude así como aclaracións sobre como se calcula a renda para determinar a cantidade diaria a pagar.

Un saúdo

COMEDORES 24-25
ACLARACIÓNS COMEDORES

VIDEO PRESENTACIÓN ARQUITECTURAS DA MEMORIA

Video resumo do que foi o proxecto "Arquitecturas da Memoria" durante este curso académico. Dous minutos concentrados cos que desexamos mostrar a grande cantidade de traballo elaborado durante todo o ano. Estamos desexando que chegue o vindeiro mércores 19 para facer o acto oficial de presentación do proxecto.

Ese día faremos unha ruta por diversos puntos onde se grabaron audios informativos. Faremos unha pequena recepción aos informantes na nosa escola ás 10.30 horas da maña e acto seguido faremos o percorrido en dous buses contratados para a ocasión. Pasado mañá venres abriremos a posibilidade de que as  familias que desexen facer a ruta poidan apuntarse ao bus. Terémovos informados

 

CALENDARIO ESCOLAR 2024-2025

Calendario escolar para o vindeiro curso académico 2024-2025. Durante o mes de setembro o centro publicará que días escolle como días de libre elección.

VISITA DOS BOMBEIROS

Durante o día de onte tivemos o pracer de recibir no noso centro a visita dos bombeiros do parque comarcal de Betanzos. Os máis pequenos puideron vivenciar e experimentar con todo o material de extinción de incendios e poder comprender de primeira man como é o seu traballo no día a día e a importante función que desempeñan para protexer á cidadadanía. Podemos dar fe que os rapaces pasárono fenomenal.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 24-25

O Concello de Oza-Cesuras ven de publicar as bases reguladoras do procedemento de admisión ás actividades extraescolares correspondentes ao vindeiro curso académico 24-25. Podedes consultar as bases e os formularios de inscrición na páxina web do concello.

VISITA ESPECIAL EN EDUCACIÓN INFANTIL

O VENRES 31 DE MAIO TIVEMOS A SORTE DE CONTAR EN INFANTIL CO PAI DE MAURO QUE VEU ACOMPAÑADO DUNS AMIGOS MOI ESPECIAIS. MOITAS GRACIAS A JOSE E A MONTEGATTO POR ESTA VISITA.

VISITA PERROS

Distribuir contido


by Dr. Radut