Que é unha anpa?
É unha asociación de nais/pais/responsables legais de alumnos dun centro educativo que está constituída e rexistrada como tal e non ten fins lucrativos. Nacen co fin de contribuir, xunto co resto da Comunidad Educativa, a que o alumnado reciba unha educación de calidade, integral e inclusiva.
Quen forma a directiva da Anpa Río Tines?
Actualmente somos 10 os integrantes:
Presidente: Javier (4º E.I.)
Vicepresidenta: Mónica (5º E.I., 1º E.P.)
Secretaria: Vanessa (5º E.I., 1º E.P.)
Tesoureiro: Arturo (1º E.P.)
Vogais: Begoña (5º E.I.), Josefa (1º E.P.), Laura (1º E.P.), Mirian (5º E.I.), Rosana (5º E.I.) e Yolanda (5º E.P.)
Ten algún beneficio ser socio/a?
Si, como colectivo as nosas peticións e iniciativas son tidas en conta con máis agrado, permítenos ter voz e voto no Consello Escolar e, ademais, organizamos actividades extraescolares, cursos, talleres...
Cando me podo asociar?
Podes asociarte durante todo o curso escolar pero se queres que os teus fillos/as participen nalgunha das actividades que organizamos debes ser socia antes do comezo da actividade para beneficiarte do desconto.
Canto custa asociarse?
A cota por curso escolar da asociación é de 15 € por familia.
Que teño que facer para asociarme?
Debes realizar unha transferencia bancaria na conta da asociación e no concepto debe figurar o nome dos cativos. Tras realizar o abono debes remitirnos un correo electrónico cos datos de contacto e copia do xustificante de pago.
Gustaríame recibir máis información, como me poño en contacto?
Para poñerte en contacto connosco podes enviarnos un correo electrónico a anpa.riotines@gmail.com, a través da caixa de correo que a asociación ten no colexio, no teléfono móbil 686772639 e persoalmente a calquera membro da xunta directiva.
Enlace as nosas redes sociais