Este programa de Bibliotecas Escolares de Galicia busca fomentar actitudes solidarias e de compromiso do alumnado co seu entorno máis próximo en ámbitos culturais.
Xa é tradición que as nenas e nenos de 5º e 6º de educación primaira do centro colaboren coa biblioteca, así como en actividades de acompañamento lector. Coa entrada nesta convocatoria queremos poñer en valor ese traballo que xa viñan facendo e abrir novas liñas de colaboración.