Curso 2015-2016
EDUCACIÓN INFANTIL FAI CINE
EDUCACIÓN INFANTIL FAI CINE
Achégovo o resultado final do traballo levada a cabo no último curso de Educación Infantil sobre o cine. Estade moi atentas e moi atentos, porque o video remata cunha pequena curta de animación stop-motion feita polo propio alumnado con Mowgli como protagonista.
ARTE NO OUTEIRO: Curta de animación "Árbores no camiño"
ARTE NO OUTEIRO - curta de animación "Árbores no camiño"
Por fin podemos publicar "Árbores no camiño", a curta de animación que fixemos co alumnado de Infantil dentro da convocatoria "Nós tamén creamos".
Durante un mes tivemos que crear as personaxes, os escenarios, gravar as voces e montar unha curta que dera vida ao libro. Podedes ver todo o proceso de elaboración no making-off.
E este é o resultado.
CANTAMOS OS MAIOS
CANTAMOS OS MAIOS
Velaquí o traballo que fixemos para celebrar os maios. Por un lado cada clase de primaria elaborou uhas coplas para cantar o venres pasado, e que podedes ver facendo clic na seguinte imaxe.
E tamén todo o traballo previo que fixemos para elaborar o noso maio. Moi ben rapaces.
MAIOS DE PRATO
MAIOS DE PRATO
Achégase o 1 de maio, día no que en Redondela festexamos a chegada da primavera coa Festa dos Maios. Un ano máis pedimos a colaboración das familias para elaborar os "maios no prato", a versión reducida destas creacións de fiuncho. E un ano máis as achegas son fantásticas!!
Moitísimas grazas polo voso esforzo e participación.
APADRINAMENTOS LECTORES
APADRINAMENTOS LECTORES 2016
O día do libro é o noso día de apadrinamentos lectores. Así que un ano máis, o alumando de 3º, 4º, 5º e 6º puido lerlle un conto a unha nena ou a un neno de Educación Infantil, 1º e 2º. Confeso que é unha das miñas actividades favoritas e, polo que se ve, tamén dos rapaces e das rapazas. E iso que por mor da chuvia non puiden facer a lectura ao aire libre e tivemos que quedar polos corredores do cole.
UN LIBRO... UNHA AVENTURA
UN LIBRO...UNHA AVENTURA
O noso traballo colectivo ao redor do día do libro é esta fantástica aventura que se agocha detrás de cada lectura. Con tan só abrir un libro podemos voar en alfombras máxicas, chegar ata a lúa ou visitar as cataratas de Iguazú.
Se vos gustan as vosas fotos, podedes descargarlas premendo aqui.
ENCONTRO LITERARIO DE 1º E 2º CON OLI.
ENCONTRO LITERARIO DE 1º E 2º CON OLI.
Continuando co mes do libro, hoxe tivemos un novo encontro literario. Desta volta foi o alumnado de 1º e 2º curso quen recibiu a visita de Oli, o autor de Leocadio o león, o libro de lectura deste ano.
Durante a visita, Oli contounos un par de conto e achegounos ao seu propio mundo creativo, respondende atodas as preguntas plantexadas dende o público. Moitas grazas pola túa visita.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »