PROCESO DE ADMISIÓN 2020/2021

 

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Resultado do sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/2021

Solicitude ED550B

RELACIÓN DE POSTOS DISPOÑIBLES PARA ALUMNADO CURSO 2020-2021

 

 

CURSO

 

CONVOCATORIA ORDINARIA

 

CONVOCATORIA ALUMNOS NEAE

CUARTO ED. INFANTIL

22

3*

QUINTO ED. INFANTIL

02

 

SEXTO ED. INFANTIL

01

 

PRIMEIRO ED. PRIMARIA

11

6*

SEGUNDO   ED. PRIMARIA

02

 

TERCEIRO ED. PRIMARIA

00

 

CUARTO ED. PRIMARIA

18

 

QUINTO   ED. PRIMARIA

17

 

SEXTO ED. PRIMARIA

00

 

Desde o  domingo día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no enderezo web https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html.

Tal como queda reflectido na dita Orde, as solicitudes de admisión poderán presentarse a de xeito telemático a partir do domingo día 1, mentres que de xeito presencial nos centros escolares desde o luns día 2, prazo que permanecerá aberto ata o 20 de marzo.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

Xestión da solicitude de reserva de praza para o IES Mendiño.

Prazo de solicitudes do 1 ao 17 de febreiro.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:Solicitudes – Reserva – Crear

O modelo consta na aplicación, e na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

Para descargar a solicitude en papel pincha AQUI

IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

 

Powered by Drupal - Design by artinet