María Canosa visita o Outeiro

Hoxe 27 de abril tivemos a sorte de recibir no noso cole a autora de "Rubicundo", libro que o alumnado de 3º e 4º de Primaria traballou durante este curso. A súa presenza permitiunos afondar en todas esas curiosidades que se atopan detrás do traballo da elaboración dun libro: de onde partiu a túa inspiración?Por que o nome de Rubicundo?Cómo imaxinabas a Erea?...

María compartiu con nós os seus pequenos segredos e deixounos ansiosos por descubrir o seu novo libro: "A cazadora de estrelas".
E que mellor regalo que agasallar a cada neno/a cunha mensaxe personalizada que fará do seu libro algo único.

Moitas grazas María
. Fai clic na imaxe para ver as fotos
 

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d109420141k3570525o1l1/mara-canosa-no-outeiro

Powered by Drupal - Design by artinet