FACENDO MONICREQUES EN 2º E 3º

FACENDO MONICREQUES EN 2º E 3º.
 
 
Hoxe tivemos unha visita moi especial. A través do Servizo de Normalización do Concello de Redondela, os tres titiriteiros do grupo Tanxarina organizaron un obradoiro co alumnado do 2º e 3º curso de Primaria para aprender a facer un monicreque. 
 
Tatán, Miguel e Andrés fixeron dúas sesión moi divertidas, na que cada nena e cada neno puido facer a súa propia marioneta de variña. O certo é que foi unha mañá estupenda. Moitas grazas aos tres polo voso traballo!!
 

Powered by Drupal - Design by artinet