CREANDO... GRAFITEANDO EN INFANTIL

CREANDO... GRAFITEANDO EN INFANTIL.
 
 
Estas son as fotos do obradoiro de grafiti que David Parga levou a cabo co alumnado de Educación Infantil para conmemorar o día de Rosalía de Castro
 
Antes de poñerse mans á obra fixeron unha primeira achega ao mundo do grafiti, unha expresión da arte urbana que chegou a moitos museos do mundo. Unha vez rematados os aspectos teóricos, puxéronse as luvas e as mascarillas para dar forma a unha estupenda Rosalía de Castro.
Unha actividade do máis interesante e divertida que nos deixa unha fantástica obra de arte no noso cole.
 

Powered by Drupal - Design by artinet