Dende mañán venres 23 de xullo ata o 23 de agosto está aberto o prazo para presentar as axudas de comedor para o curso 2021/2022.
Secretaría
AXUDAS CHEQUE INFANTIL CURSO 2021/2022
Dende o luns 26 de xullo ata o 10 de agosto está aberto o prazo para presentar as axudas do cheque infantil para o curso 2021/2022.
MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-22
Para ver o material e os libros do vindeiro curso 2021-22, preme AQUÍ.
ABERTO PRAZO
FONDOLIBROS E AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2021-2022.
Prazo de presentación de solicitudes:Do 21 de maio ao 22 de xuño ámbolos dous inclusive.
LISTAXE DE MATERIAL POR CLASES CURSO 2020-2021
LISTAXE DE MATERIAL INFANTIL CURSO 2020-2021
LIBROS DE TEXTO CEIP PLURILINGÜE OUTEIRO DAS PENAS.
Non utilizaremos libros de texto nin en 1º nin en 2º de Primaria.
En 5º de Primaria concedéronos o proxecto E-DIXGAL e non utilizaremos libros de texto.
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021
Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
- O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación des-ta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído
Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)
PRAZOS:
- Presentación de solicitudes: ata 19/06/2020
- Recollida libros: ata 29/06/2020
- Listaxe provisional fondo libros: 10/07/2020
- Reclamacións á listaxe: ata o 15/07/2020
- Listaxe definitiva: 17/07/2020
Procedimento de admisión de alumnado do curso 2020-21
Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes da admisión de alumnado, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o luns 11 de maio de 2020 e rematará o luns 18 do mesmo mes. Por motivos de seguridade procuraremos establecer turnos para a entrega da documentación, a fin de non concentrar ás familias no centro. Por esta razón pregamos nos chamen a partir do luns 11 ao 886120381 para acordar día e hora, a esí poder ser atendidos con maior seguridade sanitaria.
NOVOS PRAZOS DO PROCEDEMENTO
PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS.
- Todos os solicitantes para 4º de Educación Infantil están admitidos.
- Non admitidos os solicitantes para 6º de Educación Infantil e 3º de Primaria.
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
PROCESO DE ADMISIÓN 2020/2021
Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Resultado do sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/2021
Solicitude ED550B
RELACIÓN DE POSTOS DISPOÑIBLES PARA ALUMNADO CURSO 2020-2021
CURSO |
CONVOCATORIA ORDINARIA |
CONVOCATORIA ALUMNOS NEAE |
CUARTO ED. INFANTIL |
22 |
3* |
QUINTO ED. INFANTIL |
02 |
|
SEXTO ED. INFANTIL |
01 |
|
PRIMEIRO ED. PRIMARIA |
11 |
6* |
SEGUNDO ED. PRIMARIA |
02 |
|
TERCEIRO ED. PRIMARIA |
00 |
|
CUARTO ED. PRIMARIA |
18 |
|
QUINTO ED. PRIMARIA |
17 |
|
SEXTO ED. PRIMARIA |
00 |
|
Desde o domingo día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no enderezo web https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html.
Tal como queda reflectido na dita Orde, as solicitudes de admisión poderán presentarse a de xeito telemático a partir do domingo día 1, mentres que de xeito presencial nos centros escolares desde o luns día 2, prazo que permanecerá aberto ata o 20 de marzo.
Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.
Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.
Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.
RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS
Xestión da solicitude de reserva de praza para o IES Mendiño.
Prazo de solicitudes do 1 ao 17 de febreiro.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:Solicitudes – Reserva – Crear
O modelo consta na aplicación, e na Sede Electrónica da Xunta de Galicia
Para descargar a solicitude en papel pincha AQUI
IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO LIBROS
LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PRIMARIA
LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 19/20
LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 19/20
A listaxe provisional indica o número de libros que corresponde a cada alumno que solicitou o fondo. Aínda que na publicación indique que lle corresponden máis de 3 libros, nós en Primaria (de 3º a 6º ) pedimos como máximo 3 libros.
O día 8 publicarase a listaxe definitiva na que se asignan libros concretos ao alumnado.
Prazo
Ata o 21 de xuño 2019. Presentarase unha solicitude por familia.
Calendario:
21 de xuño.-Data límite para devolver os libros de fondo solidario (en bo estado)
3 de xullo.- Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas para fondo solidario de libros de texto.
4 e 5 de xullo de 10:00h a 14:00 h entrega de cheques de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.
Presentación de reclamacións á listaxe provisional de fondo solidario de libros de texto.
8 de xullo .- Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas para fondo solidario de libros de texto.