TODO O ALUMNADO DA EEI SAN PEDRO QUE RESERVOU PRAZA NO NOSO CENTRO FOI ADMITIDO.
OBRADOIROS NA ESCOLA
CHARLAS IMPARTIDAS POLA ASOCIACIÓN ÉRGUETE, ORIENTADAS AO NOSO ALUMNADO DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA E AS SÚAS FAMILIAS
ENTROIDO 2023
Xa chegou o Entroido. Aquí vos deixamos os mandados do Meco deste ano!!
CALENDARIO PROCESO DE RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2023/24
-
Reserva de praza Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.
-
Publicación da listaxe definitiva do alumnado con posto reservado 22 de febreiro.
-
Publicación vacantes antes do 1 de marzo.
-
Presentación solicitude admisión Do 1 ao 20 de marzo.
-
Presentación documentación xustificativa en caso de baremar 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Este ano será ata o 31 de marzo.
-
Publicación das listaxes provisionais de admitidos en non admitidos 25 de abril.
-
Prazo de reclamación 5 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación das listaxes.
-
Publicación das listaxes definitivas o 15 de maio.
-
Prazo de reclamación Contra esta relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o Xefe Territorial, no prazo dun mes contando a partir do día seguinte ao da súa publicación.
-
Centro adscrito EEI San Pedro.
-
Centro de adscrición IES Mendiño.
-
Formalización de matrícula en EI e EP Do 20 ao 30 de xuño.
RESERVA DE PRAZA NO IES MENDIÑO
Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023 abriuse o prazo para que o alumnado de 6º reserve praza no IES MENDIÑO para o curso escolar 2023/2024.
Se desexan que os seus fillos cursen 1º de ESO nese centro deberán cubrir o impreso de reserva ( ED550A ) e presentalo na secretaría do CEIP OUTEIRO DAS PENAS. (*)
Habitualmente o IES MENDIÑO ten prazas suficientes para acoller a todo o alumnado. Se este ano ocorre o mesmo unha vez entregado este impreso de reserva xa se considerarán
admitidos e só deberán formalizar a matrícula a finais de curso no instituto.
Se teñen a reserva aceptada no IES MENDIÑO NON PODERÁN solicitar a admisión noutro centro. Para facelo deberán renunciar por escrito a praza reservada (antes do 28 de febreiro).
O prazo para facer a solicitude noutro instituto distinto abrirase do 1 ao 20 de marzo.
NORMATIVA APLICABLE:
DECRETO 13/2022 DO 3 DE FEBREIRO ( DOG 11 de febreiro de 2022)
ORDE 21 de outubro do 2022 (DOG 8 de novembro de 2022)
Máis información no colexio, na web da Consellería de Educación ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.
(*)Este impreso tamén pode cumprimentarse en internet na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) para logo entregalo no centro ou realizar todo o proceso telemáticamente con certificado dixital ou coa Chave365 na sede electrónica.
AXUDAS CONCELLO MATERIAL INFANTIL
Hoxe publicáronse as bases para a solicitude de material escolar.
O prazo de solicitude é dende o 15 de xullo ata o 10 de agosto.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »