Axudas para adquisición de libros e fondo solidario.

CONVOCATORIA: Orde do 27 de abril de 2016 (DOG 16-5-2016)

SOLICITUDES: na web da Consellería de Educación ou na SECRETARIA DO CENTRO

PRESENTACIÓN SOLICITUDES: ata o 23 de xuño (incluído)

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR (Fotocopia e orixinal para cotexar):

1.- Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, se non autorizan a consulta telemática na solicitude.

2.- Fotocopia do libro de familia con todos os membros ou documento que acredite os membros da unidade familiar. Se hai algunha situación distinta (separacións, divorcio, etc..) deberá presentar, ademais, documentación xustificativa (situación familiar a 31 de decembro de 2014).

3.- No caso de discapacidade do/a alumno/a, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2014; certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33% resolución da S.S. da condición de pensionista por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou documentación acreditativa de pensionista de clases pasivas (pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade), se non autorizan a consulta telemática na solicitude.

4.- Declaración da Renda das Persoas Físicas do ano 2014 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta telemática na solicitude.

5.- Os alumnos de E.E. e discapacidade = ou > 65% non teñen que aportar documentación, sempre que autoricen a consulta telemática dos seus datos.

PRAZOS:

  • PARA RECOLLER OS VALES DE AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR………ATA O 8 DE XULLO

Powered by Drupal - Design by artinet