Inicio do blog

ENQUISA FAMILIAS 2023

Para seguir mellorando na biblioteca, achegámosvos esta enquisa para que valoredes as actividades realizadas este curso. O prazo remata o vindeiro 4 de xuño.

Agradecemos a vosa colaboración.

ENQUISA PROFESORADO

No seguinte enlace atoparás a enquisa sobre a Biblioteca do colexio destinada ao profesorado. O prazo remata o mércores 31 de maio. Grazas pola vosa colaboración! 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdKIqnUP5uHc9WIE7ekozSOWuqrQ7W9...

ENQUISA ALUMNADO 2023

Enquisa para cubrir polo alumnado do colexio. O prazo remata o mércores 31 de maio. Grazas pola túa colaboración!

 

Ruta teatralizada da Batalla de Cacheiras

O alumnado de 2º de educación primaria do colexio, o xoves 20 de abril, realizaron unha saída en colaboración co Concello de Teo, que xunto co gupo de teatro Os Quinquilláns, ofreceron aos nen@s una ruta teatralizada sobre a Batalla de Cacheiras. Dende a igrexa de Bamonde foron camiñando ata a fervenza. Merendaron no parque e pasárono xenial!

VISITA AO AUDITORIO

O 2 e 3 de marzo, tivemos unha saída ao Auditorio de Galicia con 3º e 6º de educación primaria respectivamente. Alí puideron gozar dun concerto da Real Filharmonía de Galicia en colaboración co servizo educativo da Casa da Música de Oporto, sobre diferentes pezas de Mozart. As nenas e nenos interactuaban co personaxe ó tempo que éstes, lle ían presentando os instrumentos da orquestra, para rematar o concerto, cunha festa entre o público e a orquestra. 

CONCERTO NO AUDITORIO DE GALICIA ALUMNADO DE 4º EP. e 5º E.P.

O pasado venres 24 de febreiro os alumn@s de cuarto e quinto de Ed. Primaria, asistiron ao concerto no Auditorio de Galicia a cargo de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, sobre a música e a súa evolución. Nel, explicáronnos a relación da evolución humana cos nenos e nenas galeg@s e coa creación da música. Asemade compartiron diversos e variados instrumentos elaborados polos propios nen@s. Seguidamente, repasaron os comportamentos musicais dos adultos, así como a teoría da orixe infantil de moitos instrumentos musicais.

 

VISITA DA ASOCIACIÓN: A MÁMOA DE LUOU

O venres 13, viñeron ao cole Andrea Feros, Sara Pardo e Manuel Pardo, integrantes da asociación cultural A Mámoa de Luou. As nenas e nenos de cuarto e quinto de Ed. Primaria, puideron ver e escoitar os principais instrumentos do folclore tradicional, así como os ritmos caracerísticos da nosa música: muiñeira, xota, pasodobre, polka... Asemade coñeceron como se baila nas foliadas.

Agradecemos a colaboración da asociación, que de forma desinteresada non fixo desfrutar e aprender un pouco máis da nosa cultura e da nosa música.

 

OBRADOIRO MUNDO BICHOS

Ao longo da semana, visitaron o colexio uns seres pequerechiños que nos sorprenderon. Poidemos tocar: tarántulas, alacráns, insectos pao, insectos folla, vacalouras...Miguel Santamaría, entomólogo santiagués, acercou ao alumnado do colexio ao mundo dos invertebrados. Velaquí tedes unhas imaxes divertidas sobre o acontecido.

 

ELLA

Para celebrar o Día Internacional da Muller, engadindo ás actividades xa publicadas na web, o alumnado do Ceip Plurilingüe Os Tilos, interpretou a coreografía da canción "Ella " de Bebe. Dende a clase de educación musical inténtase dar visibilidade a un día tan importante como é este. 

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia.

O centro en colaboración co Concello de Santiago, participou nas xornadas divulgativas, As ciencias escríbense en feminino. O alumnado de sexto o xoves 11 de febreiro sumouse a participación e celebración desta data sinalada. O Concello de Santiago, a través de Talentia Summit e CEXTEC, uniuse a celebración organizando un evento por streaming destinado aos centros educativos de Galicia. Grandes profesionais científicas, contáronnos a súa traxectoria, os proxectos que desenvolven e as vantaxes de forxarse un futuro nas diferentes disciplinas STEM. O evento mesturou conferencias e presentacións das profesionais con experimentos e xogos didácticos.

Deixámosvos o enlace onde aparece o evento.

Powered by Drupal - Design by artinet