PDI: Espallando saberes
ROTEIRO CON ANTÍA YAÑEZ
O luns 17 de xuño o alumnado de quinto e sexto de educación primaria viaxou a Portomarín, para encontrarse con Antía Yañez, autora do libro "O segredo de Portomarín". Percorreron os recunchos onde os protagonistas do libro viven a súa aventura.
VISITA DE HELENA FERRO
Os nenos e as nenas de quinto e sexto participaron no proxecto de Artesanía de Galicia: "Eu son zoqueira"; unha unidade didáctica elaborada coa colaboración de Helena Ferro. Como remate da actividade Helena acudiu ao colexio para facer unha demostración.
OS BOLECHAS VISITAN O COLEXIO
Os bolechas visitan o colexio para presentar un novo libro: Os bolechas visitan Teo. Este libro foi editado coa axuda do concello teense. As aventuras dos Bolechas percorren os lugares máis emblemáticos de Teo, a través do Camiño de Santiago Portugués, que pasa polo municipio. A cativada desfrutou dos Bolechas!
EXCURSIÓN FIN DE CURSO 1º E 2º DE E.P.
Os nenos e as nenas de 1º e 2º de educación primaria, saíron do colexio para desfrutar da excursión final de curso. Visitaron na Coruña: o acuario, a Torre de Hércules e pasárono pipa no parque de Eirís.
SAÍDA Á GRANXA DE FEIRACO EN MAZARICOS
O alumnado de preimeiro e segundo, visitaron a granxa de Feiraco en Mazaricos.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS-VERÁN 2024
Para máis comodidade de lectura podedes consultar o arquivo PDF.
Bo verán!
OBRADOIRO DE LA CON AGARIMO
O venres 24 de maio, en colaboración coa ANPA do colexio, as nenas e os nenos aprenderon a traballar a la, para facer pulseiras e colares. Desireé de La con Agarimo explicoulles como se tecía antes de facelo coas agullas e o alumnado de cuarto, quinto e sexto de ed. primaria axudaron aos máis pequerechos do cole. Unha mañá moi entretida.
Preme na imaxe!
COÑECENDO A LUISA VILLALTA
Elaboración conxunta dun collage coa caricatura da autora homenaxeada este curso: Luisa Villalta.
INSTRUMENTOS TRADICIONAIS
Velaquí vos deixamos un vídeo que sobre os traballos realizados polos nenos e nenas de quinto e sexto sobre os instrumentos tradicionais galegos.