Continuamos compartindo convosco os traballos realizados polo alumnado de sexto no periodo da corentena.
PDI: Tilandra pensa en verde
OS COMPOSTEIROS
O alumnado de 6ºA non se olvida do Proxecto do ano de TILANDRA PENSA EN VERDE e está aproveitando o seu confinamento para facer os seus composteiros na casa e outros traballos relacionados coa natureza.
Podes velos facendo click no ficheiro adxunto.
SEMANA DA PRENSA
Ao longo da semana do 9 ao 13 de marzo celebramos no colexio A Semana da Prensa. Para o desenvolvemento desta actividade pedíuselle ao alumnado que aportasen xornais e revistas coas que se traballou ao longo da semana. Posteriormente fíxose unha exposición do traballo dos nenos e nenas e dos materiais utilizados que eles mesmos aportaron.
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. "A TERRA EN FEMININO"
O 8 de marzo de 1857, miles de traballadoras do téxtil saíron as rúas de Nova York co lema "Pan e rosas". Unha protesta polas míseras condicións laborais, a reivindicación de xornadas de traballo xustas e o fin da explotación infantil.
Dende o centro quixemos sumarnos á conmemoración do Día Internacional da Muller e por iso elaboramos un cartel e un libro:" Mulleres polo medio ambiente". Este curso realzamos ás mulleres que loitan por preservar a terra, mulleres que son valentes, sabias, tolerantes emotivas...
Para o libro "Mulleres polo medio ambiente", contamos coa colaboración das familias.
MOITAS GRAZAS!
ENTROIDO 2020
O 21 de febreiro celebramos o entroido. Comezamos cun desfile polas rúas dos arredores do centro. Tivemos en conta para a elaboración dos disfraces a temática deste curso "Tilandra pensa en verde". Rematamos a celebración no patio do colexio, onde o alumnado gozou dun tempo de lecer con xogos, bailes e risas.
MANDATOS DO MECO
Un curso máis celebramos a semana do Entroido, e para comezar Tilandra nos amosa os mandatos do Meco:
Para este luns:
Para o martes:
Para o mércores:
O xoves o meco di:
ERRANTES POLO MUNDO
Como ben sabedes, o 24 de febreiro é o Dia de Rosalía. Este curso dende o colexio colaboramos cos distintos organimos e elaboramos a seguintes actividades:
-En colaboración co Concello eliximos uns versos nun panel que posteriormante serán transcritos nos pasos de peóns próximos ao colexio.
-En colaboración coa AELG eliximos o poema rosaliano ·Adios ríos, adios fontes" para traballar nas aulas, xa que a temática afonda na morriña e na nostalxia que lle produce ao protagonista a emigración. Tristura de non poder ver a súa contorna, as paisaxes tan fermosas de Galicia.
-Elaboración dun tríptico sobre Rosalía de Castro.
-Lectura e interpretación duns versos de Rosalía por parte dos nenos e nenas de primeiro de educación primaria.
11 DE FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Con motivo da celebración do Día Internacional da muller e a nena na ciencia, recibimos a visita de Eva Cernadas doctora e invetigadora no CITIUS da USC. Visibilizou o papel da muller na ciencia.
Desde o centro queremos agradecerlle que nos permitise coñecer a súa experiencia como muller científica.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »