PDI: Tilandra medra sa

Proxecto documental integrado 18/19: Tilandra medra sa

EXPOSICIÓN "TILANDRA MEDRA SA"

Cando visitedes a Exposición, na entrada do colexio atoparedes este tríptico con información sobre os diferentes andares e  do edificio onde se atopa 4º e 5º de educación infantil.

 

EXPOSICIÓN "TILANDRA MEDRA SA"

O martes 4 de xuño celebramos a xornada de portas abertas da Exposición "Tilandra medra sa". Na entrada acharedes un mural con códigos QR onde veredes os traballos realizados ao longo do curso.

A TECNOLOXÍA E A NOSA RELACIÓN COS ALIMENTOS...FIXERON PROGRESAR Á HUMANIDADE

A TECNOLOXÍA E A NOSA RELACIÓN COS ALIMENTOS...FIXERON PROGRESAR A HUMANIDADE

PRIMEIROS ACHADOS, NOVOS ACHADOS, NOVOS TEMPOS, MÉTODOS MODERNOS

Con respecto ao Proxecto da Biblioteca, realizamos as seguintes actividades:

- Elaboración da pirámide dos alimentos.

 - Mural: Tilandra merenda sa.

 - Traballo con textos:

  • Eres o que comes”.

  • “E, ti comes ben?”.

  • Aditivos alimentarios: Sabes o que comes?”.

- O significado do código de barras.

 - Traballo coa prensa. Búsqueda de novas relacionadas coa alimentación e a saúde.

 - Traballo de investigación. A tecnoloxía na alimentación fai progresar á humanidade (dende 30.000 a.C. ata os nosos días).

                                                                                                                                                 

 

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

 

Dentro das actividades que realizamos en 4º B para traballar a alimentación saudable a que máis sorprendeu foi a de buscar Supercatadores. A moitos nenos non lles gusta a froita e as verduras, sobre todo o brócoli, as espinacas… a algúns resultalles un sabor moi forte, desagradable e cun punto de picor. Isto tan curioso, pode ser por razóns culturais, a comer tamén se aprende, ou pode ser que o noso sentido do gusto está superdesenvolto. Quisemos investigarlo e fixemos este experimento. Podedes ver o vídeo en https://youtu.be/IUWgsSQwOVY

Ao longo do 2º e 3º trimestre recollemos novas sobre alimentación, algunhas moi curiosas e debatimos sobre as propiedades dos chamados “superalimentos”.

Fixemos actividades baseándonos na pirámide nutricional e na distribución dos alimentos na dieta durante a xornada e durante semana, poñendo énfase en evitar os productos ultraprocesados. Falamos dos peligros do exceso de grasas hidroxenadas, azúcares e sal na nosa dieta.

E finalmente, fixemos un traballo de análise sobre a cantidade de resíduos que se recollen mensualmente coas merendas do cole. Este rexistro desenvolveuse durante o mes de abril e maio, na nosa aula, e del concluímos que debemos evitar consumir tantos productos envoltos en plástico. Por desgracia os supermercados ofrécennos demasiado plástico envolvendo os productos de consumo diario. Así que, como colofón desta actividade decidimos iniciar unha campaña de concienciación para eliminar productos dun só uso, coma os canutillos de plástico, das nosas costumes de consumo. Gravamos un vídeo declaránsolle a “guerra aos canutillos de plástico” e extendémos a proposta ao resto dos cursos de ed. Primaria do centro. Tamén comentamos a posibilidade de concienciar ás nosas familias de que seguiran a campaña de boicot aos alimentos envoltos en plástico, da organización Cero Waste, que se desenvolverá entre o 3 e o 9 de xuño, na que se propón que non consumamos productos envasados en plástico de un só uso, para demostrar aos supermercados que non queremos contribuír á contaminación por plásticos.

 

 

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

 Ao longo do curso o alumnado de segundo de educación primaria traballamos os seguintes aspectos dentro do proxecto de centro "Tilandra medra sa" Aquí deixámosvos un guión para que cando visitedes a nosa exposición saibades o que realizamos.

-Pirámide de alimentos: frecuencia coa que debemos comer os alimentos.

-Obradoiro de cociña: saborosa larpeirada.

-Macedonia de froitas: macedonia natural e disfraces de entroido.

-Menú saudable: bandexas.

-Estudo dun froito/a: a castaña e a sandía.

-Agricultura, cultivo de alimentos: apeiros para traballar no agro.

 

A PATACA 3ºB

Este curso traballamos :A PATACA .

Buscamos a información adecuada a idade dos nenos, a súa historia: un tubérculo que proven de América do Sur (Perú e Bolivia), e cando chega a Galicia convértese nun alimento que substitúe a castaña que era o produtobase da alimentación.

Tamén atopamos cancións populares, adiviñas e xogos sobre o tema.

Fixemos arte con estampacións de selos de patacas bonecos e receitas de cociña.

Aprendemos os seus beneficios e as súas propiedades

 

 

 

 

PARA ESTAR SANOS DEBEMOS TER SENTIMENTOS E EMOCIÓNS AMOROSAS COS DEMAIS.

PARA ESTAR SANOS DEBEMOS TER SENTIMENTOS E

 

EMOCIÓNS AMOROSAS COS DEMAIS.

 

FIXÁMONOS NAS COUSAS BOAS QUE FAN OS NOSOS

COMPAÑEIROS...

 

... PORQUE NOS SENTIMOS BEN CANDO FACEMOS SENTIR

BEN AOS DEMAIS.

 

  Para medrar sans e cuns dentes sanos e fortes temos que vixiar o que comemos evitando comer alimentos ricos en azucres, e comer máis froitas e verduras.

 

Fixemos traballos con lentellas e co millo e aprendemos algunha cousiña deles.

 

E moi importante empezar ben a mañá tomando un almorzo saudable…

 

e despois de almorzar lembrarse de lavar ben os dentes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ALIMENTACIÓN SAUDABLE VS NON SAUDABLE

Como xa sabedes, neste curso académico o proxecto da nosa biblioteca e da nosa amiga Tilandra é a alimentación saudable. É por isto, que esta exposición xira ao redor deste tema. Para realizala fixemos dúas actividades que poden ver amosadas nas seguintes fotografías.

A primeira delas, foi un mural relacionado coa alimentación do meu alumnado. Para a actividade os alumnos e as alumnas trouxeron das súas casas envases de alimentos que consomen a diario. Logo un a un, foron calculando, a través da información aportada polos ingredientes do envase a cantidade de azucre que contiña cada un destes alimentos. Deste xeito, fóronse decatando da grande cantidade de azucre que tiñan a gran maioría deles. O obxectivo principal da actividade era o de que o alumnado tomase consciencia da grande importancia que ten a alimentación e tamén do pouco saudables que son algúns dos alimentos que consomen día a día.

A outra parte da exposición consistiu nunha búsqueda de información dun alimento, neste caso do figo. Para atopar a información máis importante fixeron grupos. Uns buscaron información sobre a figueira, outros curiosidades dos figos e os últimos unha receita elaborada con figos. Con esta actividade non só traballamos un froito, que como sabemos deben formar parte da nosa dieta diaria, senón que tamén coñeceron máis datos interesantes sobre o figo que non é consumido habitualmente por ningún deles.

Como conclusión final, consideramos que esta exposición foi cando menos interesante e divertida para cada un de nós e grazas a ela achegámonos máis aos hábitos saudables.

 

 

 

 

 

 

PROXECTO "A VACA" - GRUPO 3 ANOS

Este proxecto está enmarcado dentro do P.D.I. “Tilandra medra sa”.

Aínda que se  levou a cabo ao longo  do 3º Trimestre deste curso, o eixe motivador do mesmo desenvolveuse durante o segundo coas actividades levadas a cabo no Entroido, na que fomos disfrazados de vacas e leiteiros/as. A curiosidade polas vacas foi en aumento,  tras descubrir unha mañá que a nosas clases estaban cheas de pegadas deste animal  e nun recuncho da clase apareceu un cartón de leite. Todos estabamos moi emocionados…! tiñamos que  aprender moitas cousas sobre aquel animal que nos visitara e  que nos aportaba na nosa alimentación.

O obxectivo principal deste proxecto documental foi iniciar ao noso alumnado de 3 anos na investigación, a elaboración de  hipóteses, aprender a   reflexionar e sacar conclusións… ; en definitiva a pensar e ser críticos.

Durante este proxecto tiveron un papel moi importante as familias, sobre todo na aportación de información e materiais,  así como na realización dalgunhas actividades como  a “cow parade” cunha moi boa acollida polo que estamos inmensamente agradecidas.

 Entre as actividades desenvolvidas cabe sinalar a elaboración dun dossier con información, obradoiros de cociña, experimentos, un vídeo documental sobre a vaca  e moitas máis actividades … Toda esta información está recollida no noso blog http://tilinhos.blogspot.com/ no apartado: “PDI: A vaca”.  Alí poderedes observar todo o traballo desenvolvido polo alumnado de 3 anos.

Agardamos a vosa visita!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet