promoción da lectura

Visita Paco Barreiro

O venres 29 de abril, visitounos o escritor Paco Barreiro, autor de  "O Pirata Ataripo". O alumnado de cuarto desfrutou dunha charla moi amena e participativa.

LETRAS GALEGAS 2020

Aínda que os actos conmemorativos das Letras Galegas se transladaron a outubro, dende o colexio queriamos festexar dalgunha maneira esta data tan significativa para a nosa lingua. Así que, contando coma sempre coa colaboración da comunidade educativa deixámosvos aquí algunhas das actividades realizadas.

Preme nos seguintes enlaces:

-Aula virtual de 1º de Educación Primaria:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/aulavirtual/course/view.php?id=33

-Aula virtual de 2º de Educación Primaria:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/aulavirtual/course/view.php?id=34

-3º de Educación Primaria:

https://view.genial.ly/5ebec3afc3f5940e60163a5c/social-horizontal-post-letras-galega

-5º de Educación Primaria:

https://view.genial.ly/5ebeddb38e243b0d5a32ef46/interactive-content-letras-galegas-2020

-6º de Educación Primaria:

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/node/535

 

https://view.genial.ly/5ebeddb38e243b0d5a32ef46/interactive-content-letras-galegas-2020

 

https://view.genial.ly/5ebeddb38e243b0d5a32ef46/interactive-content-letras-galegas-2020

https://view.genial.ly/5ebeddb38e243b0d5a32ef46/interactive-content-letras-galegas-2020

https://view.genial.ly/5ebeddb38e243b0d5a32ef46/interactive-content-letras-galegas-2020

https://view.genial.ly/5ebec3afc3f5940e60163a5c/social-horizontal-post-letras-galegas

https://view.genial.ly/5ebec3afc3f5940e60163a5c/social-horizontal-post-letras-galegas

OS COMPOSTEIROS

O alumnado de 6ºA non se olvida do Proxecto do ano de TILANDRA PENSA EN VERDE e está aproveitando o seu confinamento para facer os seus composteiros na casa e outros traballos relacionados coa natureza.

Podes velos facendo click no ficheiro adxunto.

 

23 ABRIL - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

 

Hoxe é o Día Internacional do libro, e os alumnos do centro lémbranse das "lecturas na carballeira" que facíamos por estas datas, pero dada a situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir, temos que buscar outras alternativas para lerlles os contos aos máis pequechos.

Nas aulas virtuais de 4º e 6º educación infantil podedes ver aos conta contos de 1º de educación primaria, e na aula virtual de 1º podedes atopar os contos do alumnado de 5º de educación primaria.

Aula virtual de 4º de educación infantil: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/aulavirtual/mod/folder/view.php?id=802

Aula virtual de 6º de educación infantil: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/aulavirtual/course/view.php?id=39

Aula virtual de 1º de educación primaria:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/aulavirtual/course/view.php?id=33

Contos de 5º de educación primaria:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/%20%09%20http%3A/%252Fwww.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/system/files/vlc-record-2020-04-22-21h09m12s-conto_mkv-.flv%20%09%20http%3A/%252Fwww.edu.xun

Cómic de 6º de educación primaria elaborado por unha alumna:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/taxonomy/term/8

 

Qué teñades un bo Día Internacional do Libro!!! 

E xa sabes: MELLOR QUÉDATE NA CASA!!

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA NA HORA DO RECREO

Hoxe na hora do recreo o alumnado de 5° improvisou un contacontos para o alumnado de 1°. Esta actividade xurdiu de forma espontánea e demostra as boas relacións e o bo clima que se respira na hora do recreo na nosa biblioteca. Deste xeito non só traballaron a expresión oral e a lectura senon que ademáis fomentan o uso da lingua galega. E como non hai maior exemplo que unha boa imaxe,....

 

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Como cada curso celebramos o 23 de abril, Día do Libro coa "Lectura na carballeira". Por mor da choiva aprazamos a actividade a espera do bo tempo. Proseguimos coas actividades programadas para a semana recibindo ao autor Iago López que amosará o seu libro "O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas".  Para preparar o cartel conmemorarivo do Día, os e as axudantes da Biblioteca, basearon o seu traballo no cociñeiro Martiño. Velaquí o resultado.

 

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O alumnado de sexto de primaria participou no Obradoiro de Regueifas, en colaboración co Concello de Teo. Actividade impartida por dúas regueifeiras:

Alba María: cantora, compositora e regueifeira galega. Alén de realizar actuacións e ofrecer obradoiros, vaise asentando no eido da improvisación, sendo unha das poucas voces femininas e introducindo novos temas como o discurso de xénero na arte da regueifa. No 2017 publicou o seu primeiro libro Regueifa en Bergantiños.

Sara Marchena: titulada en Lingua e Literatura Galegas, comezou a súa relación coa regueifa da man de Pinto de Herbón e Caruncho. Dende o ano 2017 imparte obradoiros de Regueifa con especial atención a Regueifa Feminista ou a perspectiva de xénero dentro do galego.

Grazas polo voso traballo !

 

 

 

SEMANA DA PRENSA

Ao longo da semana do 11 ao 15 de marzo, traballamos recopilando e analizando información dos xornais sobre o tema "Hábitos de vida saudable". Podes ver unha pequena mostra do traballo seleccionando a foto.

 

Powered by Drupal - Design by artinet