PDI: Investiga Teo con Tilandra

O alumnado de 2º B expón os seus traballos sobre o Concello de Teo

Do 21 ao 24 de maio, na biblioteca do cole, tivo lugar a exposición dos traballos realizados polo alumnado de 2º B de Primaria sobre o Concello de Teo. O alumnado, repartidos en grupos de 4 nenas e nenos, encargáronse de estudar dúas ou tres parroquias do Concello.

Estes traballos fixéronse nas casas coa colaboración das familias. Unha vez rematados cada grupo amosoulle aos seus compañeiros e compañeiras o libro que fixeron e expuxéronlles a información recollida.

Moitas grazas ás familias pola colaboración e por ensinarnos tantas cousas sobre as parroquias do noso Concello.

 

Descubrimos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" da man de Candela, Luna, Martina e Sofía

Candela, Luna, Martina e Sofía, alumnas de 2º A, amósannos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" no Concello de Teo.

Parabéns polo voso traballo!!!

Visita a Meteogalicia

O mércores, día 4 de abril, o alumnado de 5º de Primaria visitou o centro de Meteogalicia en Santiago.

Durante a súa visita, o alumnado participou nunha sesión informativa sobre Metereoloxía e aparatos metereolóxicos e tamén sobre o ruido ambiental.

Asemade, tiveron a oportunidade de asistir a como se fai o pronóstico do tempo, en directo, nun medio de comunicación, neste caso na radio así como ao lanzamento dun globo sonda.

Esta actividade está relacionada co PDI: "Investida Teo con Tilandra" xa que o alumnado de 5º está a investigar todos os aspectos relacionados coa xeografía, clima, economía,... do noso Concello.

Obradoiro: Instrumentos musicais galegos

O día 15 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro de instrumentos musicais galegos. Neste obradoiro o alumnado aprendeu a diferenciar entre instrumentos tradicionais e populares asi como o ritmo de distintas danzas galegas.

Powered by Drupal - Design by artinet