Neste curso 2022/2023. no CEIP Os Tilos iniciamos o proxecto de Radio na Biblio, no marco da Biblioteca Escolar, como se recolle na Resolución da convocatoria da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), do proxecto “Radio na biblio”, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros que matriculan alumnado de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2022/2023.
Os principais obxectivos que se perseguen son:
- Estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca cara a “centros creativos de aprendizaxes” e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio no contexto destas bibliotecas escolares co fin de favorecer proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado.
- Búscase, así mesmo, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresiónoral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo.