O 11 de febreiro foi declarado pola ONU, como O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Dende o colexio tratamos de desarrollar actividades que aporten visibilidade ao traballo das mulleres que se adican e adicaron ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics). Con tal motivo e coa colaboración dos dintintos equipos do centro, o alumnado desfrutou das seguintes actividades:
-Selección de lecturas
-Visitas: o alumnado de terceiro e cuarto de Ed. Primaria tiveron unha sorpresa. A traductora Alba Rodríguez Saavedra compartiu connosco unha interesante mañá. A charla xirou arredor da figura de Ruth Matilda Anderson, fotógrafa estadounidense que viaxou por Galicia. É a primeira traductora de textos en inglés ata o ano 1964. Resaltou o papel da muller no avance da sociedade e a importancia do estudo e da investigación.
-Traballo de investigación: cada aula elixiu unha muller que destacara ou destaque no mundo científico. Os nenos e nenas dos distintos cursos pescudaron sobre diferentes investigadoras, inventoras, informáticas, matemáticas...e adaptado a cada curso deseñaron unha ficha técnica. Velaquí tedes o traballo final realizado entre todos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Ciencia.mp4 | 132.98 MB |