Co gallo do" Día de Rosalía" e tendo como referente as verbas que María Mayoral adicou a Rosalía" El Ruiseñor de la Poesía Gallega", deseñamos diversas actividades tendo presente a musicalidade da poesía da autora relacionada co PDI "EmocionArte con Tilandra".
Partindo de que a Música e a Poesía son ARTE, cada curso representou nunha nota musical, unha Poesía de Rosalía e buscamos algunha relación con diferentes obras de arte (pintura). Unha vez plasmado nas notas, colocáronse nun pentagrama para decorar o mural.
Ao mesmo tempo, cada curso recitou uns versos do poema elixido e graváronse na clase de música . Posteriormente, fixose unha montaxe do recitado coa foto correspondente.