A MATERIA EN ESTADO PURO

A escola constitúe un dos principais escenarios educativos para desenvolver actividades saudables dado que se traballa con alumnos/as que se atopan en período de formación física,psíquica e social  que posúen una gran capacidade para a aprendizaxe e asimilación de hábitos.

Traballar a educación para a saúde é de vital importancia dende a infancia, por esta razón ao longo deste curso   en todos os  niveis educativos , (a través das actividades propostas dende a biblioteca e os distintos equipos), fomentouse o desenvolvemento saudable de todo o corpo , poñendo especial atención nos órganos imprescindibles para a actividade física (corazón, pulmóns, músculos e ósos que fan que o organismo  realice a súa actividade de maneira satisfactoria).

Por outra banda, tamén lles ensinamos (coa axuda das familias) a saber realizar hábitos alimenticios saudables, consumo de froitas e verduras, orixe dos alimentos, beneficios da actividade física  e tomar conciencia do valor dos alimentos como recurso esencial e indispensable para a vida.

Cabe destacar a participación na actividade de merendas saudables  ao longo do curso.

Traballamos de xeito globalizado coas distintas áreas do nivel, de ahí  o coidado do medio medioambiente  dado que é de vital importancia para a saúde: o  estudo das abellas  co “rico mel de Tilandra”.A modo de resumo, acadáronse os obxectivos propostos e as actividades resultaron motivadoras para o alumnado.

Na exposición dos traballos do alumnos-as, pódese ver unha pequeña escolma das actividades desenvolvidas ao longo do curso.

 

Powered by Drupal - Design by artinet