O alumnado de sexto gravou un podcast sobre recomendacións lectoras.
Esperamos que vos guste.
O alumnado de sexto gravou un podcast sobre recomendacións lectoras.
Esperamos que vos guste.
En colaboración co departamento de Dinamiación Lingüística do Concello de Teo, o alumnado de sexto, asistiu ao Auditorio de Galicia á festa das regueifas: A Regueifesta. Trátase dunha actividade didáctica impulsada polos proxectos Enreguéifate e Regueifesta que procura a participación da comunidade escolar na difusión da regueifa e da improvisación oral en verso. No encontro, interviron rapazas e rapaces que participaron no concurso, así como alumnado de Euskadi e de Catalunya, que improvisaron ao xeito do bertsolarismo e da glosa. Dinamizaron o acto Sechu Sende, Manolo Maseda, Lupe Blanco e Olalla Liñares.
O alumnado desfrutou dunha mañá moi enriquecedora para a nosa lingua.
Visita de Xosé Antonio Perozo | hai 7 anos 25 semanas |
Obradoiro: Instrumentos musicais galegos | hai 6 anos 32 semanas |
21 de marzo: Día Internacional da Poesía | hai 6 anos 32 semanas |
Visita a Meteogalicia | hai 6 anos 32 semanas |
Descubrimos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" da man de Candela, Luna, Martina e Sofía | hai 6 anos 32 semanas |