Decembro 2022

OS VULCANÓLOGOS DE 3º

Na clase de Ciencias Naturais, os nenos-as de 3º recrearon o funcionamento  dunvolcán  en  erupción.

Para o desenvolvemento da  actividade construiron  nas aulas os volcáns con distintos materiais.  Estudaron as partes e o seu funcionamento. Posteriormente amosáronllelo ao alumnado de 1º e 4º de E.P.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Aquí vos deixamos as nosas recomendación lectoras para o Nadal 2022. Atoparedes suxestións para os máis pequerech@s, para os median@s e para @s maiores do colexio. Todas as lecturas teñen a temática do PDI deste curso: Diferentemente iguais. Esperamos que desfrutedes do tempo de lecer cun bo libro. 

Bo Nadal!

PRESENTACIÓN DO LIBRO: "ESTRELAS GALEGAS DA CIENCIA"

O venres 16, o alumnado de sexto de Ed. Primaria tiveron a visita de Maite Vence e Manuel Vicente para presentarnos o libro "Estrelas Galegas da Ciencia". Unha historia de persoeiros e achados asombrosos.

É un libro para nen@s, ilustrado de ton divulgativo e divertido, que pretender explicar a historia da ciencia feita en Galicia e a dos seus persoeiros e achados científicos máis significativos. 

VERBAS DA CIENCIA

Para rematar o mes de novembro, mes da ciencia en galego e en relación ao lema deste curso de Bibliotecas escolares de Galicia 2022: "Escribir á biblioteca escolar", dende o colexio, elaboramos a actividade: VERBAS DA CIENCIA.

O alumnado investigou, elixiu  e redactou un texto sobre palabras relacionadas coa ciencia.

 

Powered by Drupal - Design by artinet