Marzo 2020

SEMANA DA PRENSA

Ao longo da semana do 9 ao 13 de marzo celebramos no colexio A Semana da Prensa. Para o desenvolvemento desta actividade pedíuselle ao alumnado que aportasen xornais e revistas coas que se traballou ao longo da semana. Posteriormente fíxose unha exposición do traballo dos nenos e nenas e dos materiais utilizados que eles mesmos aportaron.

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. "A TERRA EN FEMININO"

 

 O 8 de marzo de 1857, miles de traballadoras do téxtil saíron as rúas de Nova York co lema "Pan e rosas". Unha protesta polas míseras condicións laborais, a reivindicación de xornadas de traballo xustas e o fin da explotación infantil.

Dende o centro quixemos sumarnos á conmemoración do Día Internacional da Muller e por iso elaboramos un cartel e un libro:" Mulleres polo medio ambiente". Este curso realzamos ás mulleres que loitan por preservar a terra, mulleres que son valentes, sabias, tolerantes  emotivas...

Para o libro "Mulleres polo medio ambiente", contamos coa colaboración das familias.

MOITAS GRAZAS!

 

ENTROIDO 2020

 

O 21 de febreiro celebramos o entroido. Comezamos cun desfile polas rúas dos arredores do centro. Tivemos en conta para a elaboración dos disfraces a temática deste curso "Tilandra pensa en verde". Rematamos a celebración no patio do colexio, onde o alumnado gozou dun tempo de lecer con xogos, bailes e risas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet