Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Dinamización Lingüística

ENQUISA NOME DA REVISTA

Neste curso decidimos cambiarlle o nome á revista do colexio, para iso solicitamos a vosa colaboración. Entra no seguinte cuestionario e vota. O prazo comeza hoxe e remata o domingo 28 de maio.

 

ESCOLMA DE RECURSOS LETRAS GALEGAS 2023

XORNADA OBRAABERTO

O Monbus Obradoiro celebra as xornadas "Obraaberto", para conmemorar o Día das Letras Galegas. O club picheleiro invitou a máis de 2.000 escolares de distintos colexios de Santiago e arredores. Foi unha xornada de diversión e promoción da lingua galega. O alumnado desfrutou da presenza dos xogadores e adestradores. Asemade participaron en diversos xogos relacionados co deporte: un KO e tamén coa lingua galega: xogo das Letras Galegas.

PROPOSTA SEMANAL 6º B: OS DEPORTES

PROPOSTA SEMANAL 6º B: A MÚSICA

5º A le a Eloy Moreno

Dentro da conmemoración do Día do Libro, os nen@s de quinto A de educación primaria, elaboraron un Podcast sobre uns contos de Eloy Moreno. 

 

 

CONTO DE 1º A: SON O MELLOR

As nenas e nenos de 1º A escolleron un conto de Lucy Cousins para lernos na radio: "SON O MELLOR". 

Agardamos que vos guste!

 

Visita teatral

O pasado 12 de abril visitounos Vicky da compañía de teatro "Pérez y Fernández". Con ela fixemos un obradoiro de teatro sobre o libro "Agu Trop" da Editorial Santillana que lemos na clase. 

Gustounnos moito e pasámolo moi ben!

Recomendacións lectoras

O alumnado de sexto gravou un podcast sobre recomendacións lectoras. 

Esperamos que vos guste.

 

 

 

VISITA DE IRIA MISA

Os nenos e nenas de sexto de educación primaria, no segundo trimestre lemos os libro: "Mamá quero ser Ziggy Stardust. O pasado 24 de abril tivemos a sorte de contar coa visita da súa autora, Iria Misa, que nos expliou como foi o proceso de elaborar ese libro, as súas inspiracións, etc. Ademáis, aproveitamos e Lola e Celia fixéronlle  unha entrevista para Tilandra nas Ondas.

Grazas por todo, Iria!

 

Distribuir contido