Inicio do blog

VISITA AO MUSEO DO POBO GALEGO

Ao longo do mes de maio o alumnado do colexio dende catro anos ata sexto de primaria asistimos ao Museo do Pobo Galego para visitalo e realizar distintas actividades. Os nenos e nenas de catro e cinco anos asistiron a actividade "Xogos Bailados", a través dun xogo de roda que leva asociado unhas cantigas os máis cativos achéganse ao museo. O alumnado de primeiro de educación primaria asistiron a actividade "Canta adiviña canta", a través de adiviñas, sons e cancións descobren os instrumentos tradicionais. Os de segundo de educación primaria asistiron a actividade " Da vara ao carabelo" , unha visita obradoiro onde o alumnado tivo contacto con saberes e técnicas do patrimonio náutico e pesqueiro. Terceiro, cuarto, quinto e sexto de educación primaria realizaron a actividade "Fraguando datos sobre D. Antonio", a través dun xogo, o alumnado coñeceu e descobreu máis en profundidade a figura de Fraguas e a relación co Museo do Pobo Galego.     

Se premedes na imaxe veredes o acontecido.

 

 

 

 

 

LUIS SEOANE

O 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, unha celebración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes. Luis Seoane é o pintor homenaxeado no ano 2019. O alumnado de 2º E.P. estudou e traballou o cadro "As mariscadoras". Velaquí o resultado.

 

PRIMAVERA DAS LETRAS

A Real Academia Galega enviounnos un diploma recoñecendo o noso traballo sobre María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018. Amosámosvos o diploma que acadamos co traballo feito entre todos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet