Un curso máis, celebramos O Entroido no colexio. Para comezar, ao longo da semana cumpriremos os Mandatos de Tilandra. Non esquezades que son acumulativos.
Así que toca divertirse!
LUNS
Se no Entroido queres gozar,
ponte unha perruca que te faga cambiar.
MARTES
Cuns zapatos de cores nos teus pés,
vas correr o Entroido unha e outra vez.
MÉRCORES
Tanto che gusta o Carnaval,
pois enche de colgarexos un delantal.
XOVES
A un Entroido ben divertido,
vente ti como queiras vestido.
VENRES
Diferentemente te disfrazarás,
pero igualmente o/a mesmo/a serás.