O día 8 de marzo do 2021 celebramos o Día Internacional da Muller co lema "Mulleres Líderes nas Artes" en consonancia co PDI "Emocionarte con Tilandra".
Coas actividades desenvolvidas poñemos en valor os grandes esforzos que realizan as mulleres e nenas de todo o mundo para forxar un mundo mellor e máis igualitario e recuperarse da pandemia da Covid 19.
Aquí podedes ver unha breve escolma das actividades do noso alumnado:
* E.INFANTIL
-6º: Mural "8 de Marzo con M de Muller"
* E.PRIMARIA:
-1º: Elaboración do símbolo da Muller con pasta de sal
2º,3º e 4º: Mural "CONSTRUINDO IGUALDADE". Un muro de ladrillos representativo das grandes loitas das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa en igualdade co home.
*5º e 6º: Tendo como referentes a Mulleres que destacaron nas Artes: música, pintura, literatura, fotografía..., os alumnos-as elaboraron distintas presentacións reflexando a vida e obras dalgunhas autoras que se adicaron a profesións que no seu momento eran desempeñadas maioritaiamente polos homes. Destacamos o seu esforzo polo momento histórico que lles tocou vivir.