O alumnado de 5 anos durante o curso 2018/19 estivo a investigar sobre os ALIMENTOS (pirámide alimenticia, grupos de alimentos, propiedades nutricionais de cada un deles, a importancia de levar a cabo unha alimentación equilibrada, etc).
En relación con este proxecto de traballo tivemos a oportunidade de realizar una saída moi interesante ao Supermercado Gadis. Alí se lles volveu a recordar aos nenos/as a importancia de seguir as orientacións da pirámide nutricional, tendo en conta as características dos diferentes grupos de alimentos e así mesmo os puideron observar nas distintas seccións. Tamén recibimos unas charlas no colexio sobre este tema e asistimos a unha actividade de contacontos do autor Iago López, O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS.
Por outra banda, profundizamos no grupo das froitas, e sobre todo no AMORODO. Temática que aproveitamos para disfrazarnos no Entroido.
Como actividade final deste proxecto,aproveitamos para expoñer no corredor do centro escolar, material elaborado polos menos/as, murais informativos, receitas, carteis, etc..