Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Os nosos inicios na RADIOS ESCOLAR | |
PRESENTACIÓN DO LIBRO: "ESTRELAS GALEGAS DA CIENCIA" |
O venres 16, o alumnado de sexto de Ed. Primaria tiveron a visita de Maite Vence e Manuel Vicente para presentarnos o libro "Estrelas Galegas da Ciencia". Unha historia de persoeiros e achados asombrosos. É un libro para nen@s, ilustrado de ton divulgativo e divertido, que pretender explicar a historia da ciencia feita en Galicia e a dos seus persoeiros e achados científicos máis significativos. |
Asistencia a Regueifesta |
En colaboración co departamento de Dinamiación Lingüística do Concello de Teo, o alumnado de sexto, asistiu ao Auditorio de Galicia á festa das regueifas: A Regueifesta. Trátase dunha actividade didáctica impulsada polos proxectos Enreguéifate e Regueifesta que procura a participación da comunidade escolar na difusión da regueifa e da improvisación oral en verso. No encontro, interviron rapazas e rapaces que participaron no concurso, así como alumnado de Euskadi e de Catalunya, que improvisaron ao xeito do bertsolarismo e da glosa. Dinamizaron o acto Sechu Sende, Manolo Maseda, Lupe Blanco e Olalla Liñares. O alumnado desfrutou dunha mañá moi enriquecedora para a nosa lingua.
|
OS VULCANÓLOGOS DE 3º |
Na clase de Ciencias Naturais, os nenos-as de 3º recrearon o funcionamento dunvolcán en erupción. Para o desenvolvemento da actividade construiron nas aulas os volcáns con distintos materiais. Estudaron as partes e o seu funcionamento. Posteriormente amosáronllelo ao alumnado de 1º e 4º de E.P. |
XORNADA OBRAABERTO |
O Monbus Obradoiro celebra as xornadas "Obraaberto", para conmemorar o Día das Letras Galegas. O club picheleiro invitou a máis de 2.000 escolares de distintos colexios de Santiago e arredores. Foi unha xornada de diversión e promoción da lingua galega. O alumnado desfrutou da presenza dos xogadores e adestradores. Asemade participaron en diversos xogos relacionados co deporte: un KO e tamén coa lingua galega: xogo das Letras Galegas. |
Recomendacións lectoras |
O alumnado de sexto gravou un podcast sobre recomendacións lectoras. Esperamos que vos guste.
|
RAP 25-N |
As nenas e os nenos de quinto de educación primaria, compuxeron un rap en favor da loita en contra da violencia de xénero. |
OS XENERAIS DOS TILOS |
Os xenerais do Ulla é un dos espectáculos máis destacados da contorna. Elegantemente vestidos, as nenas e os nenos de primeiro do colexio, comezaron a mañá do desfile cos famosos vivas. A literatura popular e a música son as partes máis importantes do patrimonio inmaterial de tradición oral dos Xenerais da Ulla nas que destacan os “vivas” e as coplas. Os coñecidos como “vivas” expresan un desexo de vida, sorte e prosperidade.
|
EXPERIENCIAS CIENTÍFICAS |
Novembro é o mes adicado á ciencia en galego. Con tal motivo, no colexio dos Tilos desenvolvemos distintas actividades, onde o alumnado tomou contacto con varios procesos na elaboración de diversas experiencias científicas. Estas actividades son moi enriquecedoras para que as nenas e os nenos en idades temperás, esperten a curiosidade polo mundo da ciencia. O alumnado de 3º E.P. investigou sobre a elaboración do iogur e do queixo. O alumnado de cuarto de E.P. levou adiante experimentos moi simpáticos.
As rapazas de sexto prepararon unha explosión dun volcán que botaba lava de cores.
Os nenos e as nenas de segundo de Ed. Primaria, dobraron ósos e modificaron cores.
|
A HISTORIA EN FEMININO |
O mércores 21, Ana Hermida da asociación Lisístrata, visitou o noso centro para celebrar o 11-F Día da muller e a nena na ciencia. A actividade "A historia en feminino", consistiu nun monográfico sobre mulleres referentes no ámbito científico. Participou o alumnado dende 1º ata 6º de educación primaria.
|
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA |
Cada 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Paz e non Violencia. Este día, ten como obxectivo fomentar a educación na tolerancia, na solidaridade, na concordia, no respecto aos dereitos humanos...Valores que inculcamos a diario no alumando do colexio. Este 2024 para celebralo, decoramos pombas nas aulas; cantamos e bailamos a canción de Paco Nogueiras "Móvete". Asemade na biblioteca elaboramos un mural. O martes 30, gravamos ás diferentes aulas e xuntámonos todos no patio, para compartir entre todos e todas este Día. Velaquí tedes o resultado.
|
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA |
O alumnado de quinto e sexto de primaria, recibiu a visita de Paula López, directora adxunta do CITIUS. A misión do CITIUS é a mellora da sociedade a través das tecnoloxías intelixentes. A charla ten como obxectivo dar visibilidade ás mulleres que traballan no mundo da ciencia. Paula explicoulles, en que consiste o traballo do CITIUS e en particular o dela. Moitas grazas pola visita! |
Programa Educativo NAVEGA CON RUMBO |
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, organiza a XI edición do programa educativo Navega con Rumbo. Ao abeiro do mesmo, o venres 26 de abril, celebrouse no colexio unha charla para o alumnado de quinto e sexto de educación primaria. O obxectivo foi informar aos nenos e as nenas dos riscos do mal uso de internet e das redes sociais. Trátase de promover unha navegación segura e responsable. |
OBRADOIRO CON CHARO PITA |
O alumnado de quinto e sexto de educación primaria, desfrutou o mércores 15 de maio dun obradoiro de expresión oral impartido por Charo Pita. Moitas grazas Charo Pita por acompañar e ensinar aos nenos e as nenas dos colexio dos Tilos, esa grande faceta túa de expresión e comunicación. Seguro que nos será de gran axuda para futuras locucións en RadioTilandra. |
VISITA Á CASA DAS CIENCIAS |
O alumnado de 5º de educación primaria, dentro das actividades programadas en febreiro, co gallo do 11F Día da muller e a nena na ciencia, visitou a Casa das Ciencias. Situada no parque de Santa Margarida na Coruña, consta dun planetario e tres andares con distintas exposicións. Unha mañá moi entretida, con experiencias de física, exposición de péndulos e exposición sobre astronomía. |
SAÍDA AO TEATRO PRINCIPAL |
O alumnado de cuarto de educación primaria, saíu ao Teatro Principal para ver a representación: "Wombo Combo". |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6