ciencia en galego

EXPERIENCIAS CIENTÍFICAS

Novembro é o mes adicado á ciencia en galego. Con tal motivo, no colexio dos Tilos desenvolvemos distintas actividades, onde o alumnado tomou contacto con varios procesos na elaboración de diversas experiencias científicas. Estas actividades son moi enriquecedoras para que as nenas e os nenos en idades temperás, esperten a curiosidade polo mundo da ciencia. 

O alumnado de 3º E.P. investigou sobre a elaboración do iogur e do queixo.

 
O alumnado de cuarto de E.P. levou adiante experimentos moi simpáticos. 
 
 
 As rapazas de sexto prepararon unha explosión dun volcán que botaba lava de cores.
 
Os nenos e as nenas de segundo de Ed. Primaria, dobraron ósos e modificaron cores.
 

PRESENTACIÓN DO LIBRO: "ESTRELAS GALEGAS DA CIENCIA"

O venres 16, o alumnado de sexto de Ed. Primaria tiveron a visita de Maite Vence e Manuel Vicente para presentarnos o libro "Estrelas Galegas da Ciencia". Unha historia de persoeiros e achados asombrosos.

É un libro para nen@s, ilustrado de ton divulgativo e divertido, que pretender explicar a historia da ciencia feita en Galicia e a dos seus persoeiros e achados científicos máis significativos. 

Powered by Drupal - Design by artinet