expresión escrita
Entrevistas peregrinas
SEMANA DA PRENSA
Do 7 ao 11 de marzo é a data fixada como "A semana da Prensa", aínda que ao longo de todo o curso, traballamos con diferentes recursos para integrar aos medios de comunicación na aulas. Nas distintas áreas lingüísticas, o alumnado elabora noticias, analiza novas que aparecen na prensa relacionados con distintos temas, prepáranse preguntas para unha entrevista, recompílanse novas para elaborar un mural... Imos a reflectir nesta páxina algúns dos traballos realizados para a conmemoración.
-O alumnado de quinto realizou unha entrevista a Pere Tobaruel e exerceron o labor de maquetar coma se fose un xornal.
Certame de poesía ANOMAR
Os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria participaron no certame de Poesía da Asociación Anomar. Ao longo do mes de novembro traballaron a composición de poemas en lingua galega e libremente optaron por presentarse ao concurso. Cal foi a nosa sorpresa que un alumnno do centro resultou premiado.
Noraboa a Iván Fernández Montero.
Parabéns!
Deixamos o enlace da Voz de Galicia onde se recolle un artigo sobre a entrega de premios.