Día da poesía

21 de marzo. Día da Poesía

Este 21 de marzo, coincidindo co inicio da primavera, celebramos o Día Mundial da Poesía. En tempos de coronavirus, a poesía é a vacina contra a incerteza e os medos que nos asolan. Dende o centro buscamos reflectir as Emocións do noso alumnado a través de poemas e obras de arte, proxectando os seus sentimentos, baixo o título "Poesía por un tubo". Deste xeito promovemos a poesía como manifestación da súa creatividade literaria e artística.

Obradoiro de poesía: "Construímos versos"

Durante os días 11 e 27 de abril o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participaron no obradoiro de poesía: "Construímos versos" coa autora teense Claudia Castro, gañadora do:

  • I Premio Duck Fin de poesía (2003)
  • 2º Premio no VI certame de Poesía Mariño (2017)
  • Premio de poesía Ardeiro (2017).
poesia1 poesia2 poesia3
 poesia4  poesia5  poesia6

 

21 de marzo: Día Internacional da Poesía

O día 21 de marzo celebramos no noso centro o Día Internacional da Poesía. Nesta ocasión, para lembrar este día, fixemos un gran cartaz cun anaco do poema: "Os ollos dos Poetas" de Rosalía Morlán, no que mediante un caligrama, tentamos recrear unha das formas máis comúns que teñen os petróglifos do noso Concello.

cartaz poesiaAo longo dos días 21, 22 e 23 leváronse a cabo as seguintes actividades:

  • Na área de plástica, o alumnado de 4º de Primaria ilustrou un poema do libro "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2017).
  • Lecturas compartidas de poesía: durante a "Hora de ler" o alumnado compartiu as súas poesías favoritas cos seus compañeiros.
  • Creación dun "Recuncho poético": no que o alumnado foi poñendo as súas propias creacións,os seus poemas favoritos e ilustracións dos mesmos.

Powered by Drupal - Design by artinet