Visita de Pere Tobaruela.

O mércores 16 de marzo,  visitou o colexio o escritor Pere Tobaruela. O nenos e nenas de quinto A e B de educación primaria, desfrutaron dunha fructuosa e interesante charla. Poideron coñecer e intercambiar opinións sobre os diferentes libros do autor, especialmente o lido polo alumnado: "Formigas, Misión camiño de Santiago". Unha lectura que serviu para ampliar os coñecementos que abordamos neste curso, dentro do Proxecto de centro "Tilandra no camiño".

 

 
Co gallo da Semana da Prensa, o alumnado de quinto estudou a entrevista, primeiramente a parte teórica, posteriormente reflectiron no papel a práctica. Pero de súpeto apareceu unha oportunidade perfecta. Realizaron unha entrevista a Pere Tobaruela! Moi amablemente  contestou ás preguntas que previamente prepararan o día anterior. Resultou unha conversa interesante, onde os nenos e nenas poideron saber máis deste autor.

Powered by Drupal - Design by artinet