PROXECTO "A VACA" - GRUPO 3 ANOS

Este proxecto está enmarcado dentro do P.D.I. “Tilandra medra sa”.

Aínda que se  levou a cabo ao longo  do 3º Trimestre deste curso, o eixe motivador do mesmo desenvolveuse durante o segundo coas actividades levadas a cabo no Entroido, na que fomos disfrazados de vacas e leiteiros/as. A curiosidade polas vacas foi en aumento,  tras descubrir unha mañá que a nosas clases estaban cheas de pegadas deste animal  e nun recuncho da clase apareceu un cartón de leite. Todos estabamos moi emocionados…! tiñamos que  aprender moitas cousas sobre aquel animal que nos visitara e  que nos aportaba na nosa alimentación.

O obxectivo principal deste proxecto documental foi iniciar ao noso alumnado de 3 anos na investigación, a elaboración de  hipóteses, aprender a   reflexionar e sacar conclusións… ; en definitiva a pensar e ser críticos.

Durante este proxecto tiveron un papel moi importante as familias, sobre todo na aportación de información e materiais,  así como na realización dalgunhas actividades como  a “cow parade” cunha moi boa acollida polo que estamos inmensamente agradecidas.

 Entre as actividades desenvolvidas cabe sinalar a elaboración dun dossier con información, obradoiros de cociña, experimentos, un vídeo documental sobre a vaca  e moitas máis actividades … Toda esta información está recollida no noso blog http://tilinhos.blogspot.com/ no apartado: “PDI: A vaca”.  Alí poderedes observar todo o traballo desenvolvido polo alumnado de 3 anos.

Agardamos a vosa visita!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet