Promoción da lectura

Obradoiro de poesía: "Construímos versos"

Durante os días 11 e 27 de abril o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participaron no obradoiro de poesía: "Construímos versos" coa autora teense Claudia Castro, gañadora do:

  • I Premio Duck Fin de poesía (2003)
  • 2º Premio no VI certame de Poesía Mariño (2017)
  • Premio de poesía Ardeiro (2017).
poesia1 poesia2 poesia3
 poesia4  poesia5  poesia6

 

Día do Libro

O luns, día 23 de abril, celebramos o Día do Libro. Nesta ocasión, para a elaboración do cartaz conmemorativo desa data, contamos coa colaboración do escritor Xosé Antonio Perozo que nos obsequiou cun fermoso microrrelato: "Cont(e)o".

cartaz_libro

Durante esta xornada levamos a cabo a actividade de "apadriñamento de lectores": "Lectura na carballeira".

libro1 libro2

Asemade ao long de toda a semana o alumnado foi dando a coñecer o nome do seu libro favorito.

21 de marzo: Día Internacional da Poesía

O día 21 de marzo celebramos no noso centro o Día Internacional da Poesía. Nesta ocasión, para lembrar este día, fixemos un gran cartaz cun anaco do poema: "Os ollos dos Poetas" de Rosalía Morlán, no que mediante un caligrama, tentamos recrear unha das formas máis comúns que teñen os petróglifos do noso Concello.

cartaz poesiaAo longo dos días 21, 22 e 23 leváronse a cabo as seguintes actividades:

  • Na área de plástica, o alumnado de 4º de Primaria ilustrou un poema do libro "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2017).
  • Lecturas compartidas de poesía: durante a "Hora de ler" o alumnado compartiu as súas poesías favoritas cos seus compañeiros.
  • Creación dun "Recuncho poético": no que o alumnado foi poñendo as súas propias creacións,os seus poemas favoritos e ilustracións dos mesmos.

SAMAÍN: LECTURAS COMPARTIDAS

Do 30 de outubro ao 3 de novembro tiveron lugar na biblioteca lecturas compartidas de medo durante a hora de ler.

Abel de 3º A contoulle o conto "Corre, corre cabaciña" ao alumnado máis pequeno do cole:

 

Powered by Drupal - Design by artinet