PDI: Espallando saberes
VISITA Á BIBLIOTECA DOS TILOS
O alumnado de primeiro e segundo de Ed. Primaria do colexio, visitou a biblioteca dos Tilos.
Rosalía 2024 #oamorapatriagalega
Cada 23 de febreiro conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro. O lema deste curso da AELG foi #oamordapatriagalega. Os nenos e as nenas do colexio, representaron con debuxos unhas estrofas que forman parte do libro "Cantares Gallegos". Asemade en Radio Tilandra o alumnado de 1º de educación primaria, gravou os versos que acompañan os debuxos. Para que o alumnado tivese un recordo deste día, elaboramos unha chapa coa axuda do grupo de traballo de polos creativos. Previamente convocamos un concurso para elexir a ilutración da chapa.
Recitando a Rosalía
Co gallo do Día de Rosalía, os nenos e as nenas de cuarto de primaria, visitaron Tilandra nas Ondas para recitar o poema "Adios ríos, adios fontes" .
VISITA Á CASA DAS CIENCIAS
O alumnado de 5º de educación primaria, dentro das actividades programadas en febreiro, co gallo do 11F Día da muller e a nena na ciencia, visitou a Casa das Ciencias. Situada no parque de Santa Margarida na Coruña, consta dun planetario e tres andares con distintas exposicións. Unha mañá moi entretida, con experiencias de física, exposición de péndulos e exposición sobre astronomía.
OS XENERAIS DOS TILOS
Os xenerais do Ulla é un dos espectáculos máis destacados da contorna. Elegantemente vestidos, as nenas e os nenos de primeiro do colexio, comezaron a mañá do desfile cos famosos vivas. A literatura popular e a música son as partes máis importantes do patrimonio inmaterial de tradición oral dos Xenerais da Ulla nas que destacan os “vivas” e as coplas. Os coñecidos como “vivas” expresan un desexo de vida, sorte e prosperidade.
A HISTORIA EN FEMININO
O mércores 21, Ana Hermida da asociación Lisístrata, visitou o noso centro para celebrar o 11-F Día da muller e a nena na ciencia. A actividade "A historia en feminino", consistiu nun monográfico sobre mulleres referentes no ámbito científico. Participou o alumnado dende 1º ata 6º de educación primaria.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »