Ao longo do curso 2021 – 2022 desenvolveremos no centro o P.D.I. “Tilandra no Camiño”.
Un dos obxectivos deste proxecto é achegar o Camiño de Santiago ao noso alumnado.
Antigamente os peregrinos percorrían o Camiño de Santiago como penitencia ou castigo. Na actualidade os Camiños estanse revitalizando. Cada ano as rutas énchense de caminantes modernos con distintas motivacións para peregrinar: cultura, deporte, ocio…, razóns importantes para colgar a cuncha e comezar a peregrinar.
Dado que o noso centro está ubicado moi preto da Catedral de Santiago, resulta doado contar con recursos motivadores para os alumnos-as.
No desenvolvemento dete proxecto todo o alumnado vivirá a experiencia de ser Camiñante nalgún tramo do Camiño Francés ou Portugués .