Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Entroido en familia

 

As familias do colexio celebraron o Entroido e compartiron connosco as súas vivencias.

GRAZAS FAMILIAS!

ENTROIDO 2021

 

Un ano máis o Entroido chegou ao colexio dos Tilos, aínda que dun xeito diferente ao que estabamos acostumados. A Pandemia obrigounos a modificar algunhas das actividades que eran costume no colexio, como o "Gran desfile Carnavaleiro", pero aínda así puxemos ilusión e ganas. Con Van Gogh e Frida como pintores de referencia, os nenos e nenas conseguiron os mellores e vistosos disfraces; facendo gala da súa alegría e ganas de troula. Entre todos conseguimos esquecernos por uns días desta situación.

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia.

O centro en colaboración co Concello de Santiago, participou nas xornadas divulgativas, As ciencias escríbense en feminino. O alumnado de sexto o xoves 11 de febreiro sumouse a participación e celebración desta data sinalada. O Concello de Santiago, a través de Talentia Summit e CEXTEC, uniuse a celebración organizando un evento por streaming destinado aos centros educativos de Galicia. Grandes profesionais científicas, contáronnos a súa traxectoria, os proxectos que desenvolven e as vantaxes de forxarse un futuro nas diferentes disciplinas STEM. O evento mesturou conferencias e presentacións das profesionais con experimentos e xogos didácticos.

Deixámosvos o enlace onde aparece o evento.

MANDATOS DE TILANDRA

Un Entroido máis, Tilandra quere que os nenos e nenas do colexio dos Tilos vos divirtades e que a vosa imaxinación voe moi lonxe. Concretamente ata México e Holanda, que son países orixinarios dos protagonistas dos Mandatos. Se precisades máis información, ollade os vídeos da anterior entrada da web. Non esquezades que:"- Para poder ao cole volver a Tilandra teredes que obedecer". Fixádevos ben para cumprir os seus mandatos. Lembrade que estamos  a traballar o PDI "EmocionArte con Tilandra". Seleccionade un dos pintores e cada día da semana engadiredes un complemento máis. O venres viredes caracterizados do pintor ou pintora elixidos.

Frida Kahlo e Vicent Van Gogh

Na vindeira semana comezamos no colexio a celebración do Entroido. Este curso Os Mandatos de Tilandra xiran arredor de dous magníficos pintores. En primeiro lugar queremos que os coñezades. E para iso elaboramos uns vídeos coa participación do alumnado de sexto.

Día escolar da Non Violencia e da Paz 2021

Como cada ano, o 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da non Violencia e a Paz" baixo o lema "RespectArte, ValorArte e EmocionArte con Tilandra", relacionado co PDI que se desenvolve no centro ao longo deste curso.    

Con tal motivo, lembramos a necesidade de educar para a tolerancia a solidariedade e o respecto aos demais.

Actividades:

"Jerusalema Challange"

A principios de novembro, dende o CEIP PLURILINGÜE OS TILOS, propuxémonos levar a cabo un reto, o "Jerusalema Challange". Dito reto fíxose famoso polo baile realizado po runs nenos e nenas dun orfanato de Angola, África. Nel podíase ver como cativos de tódalas idades bailaban o son dunha canción. Dende o Centro quixémonos sumar a este reto, para poder desfrutar non só da danza africana, senón tamén, do traballo en equipo. Ademais de pór unha pouca de luz, nun momento tan escuro.

Foi un mes e medio intenso, de ensaios e posteriormente gravacións, que deu como resultado, non só o video que veremos a contiuación, senón unha actividade donde tódolos nenos e nenas o pasaron xenial de principio a fin.

NADAL 2020

Estas son as postais que gañaron o Concurso do colexio. Cada ano eran as encargadas de felicitarvos o Nadal. Este curso queremos desexarvos unhas Felices Festas e un Bo Nadal en formato dixital. Que o ano novo veña cargadiño de bos desexos!

 

FELICES FESTAS!

 

Educación Primaria 2ºA

 

Educación Infantil 5ºB

Emocións e Arte polo Nadal

 Este Nadal é diferente a calquera outro, pero aínda así, dende o colexio tratamos de dar a maior normalidade posible a esta situación polo benestar do noso alumnado e, en xeral, de toda a Comunidade Educativa.

 Os distintos equipos de dinamización en colaboración co resto do profesorado deseñaron e desenvolveron unha serie de actividades para a celebración do Nadal.

 As actividades foron deseñadas en consonancia co Proxecto EmocionArte con Tilandra. Desenvolvéronse ao longo da segunda quincena do mes de novembro e decembro:

   -Ambientación con elementos decorativos propios do Nadal aportados polo alumnado.

   -Arte relacionada coas emocións e co Nadal.

Cualificacións primeiro trimestre

A partir do martes día 22 ás 14:00, poderán consultar as cualificacións do primeiro trimestre na aplicación abalarmóbil.

Distribuir contido