Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

RECOLLIDA DE HISTORIAIS ACADÉMICOS

Posted in

PODERASE RETIRAR EN SECRETARÍA O HISTORIAL ACADÉMICO DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DENDE O DÍA 12 AO 15 DE  XULLO EN HORARIO DE ATENCIÓN DE 10:00 A 13:00 HORAS.

A DOCUMENTACIÓN SERÁ RETIRADA POLA NAI, PAI OU TITOR LEGAL DO MENOR.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. - CURSO 2021/2022

Están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas.

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O COMEDOR ESCOLAR

Ábrese o prazo para solicitar o comedor escolar. Deben presentar na secretaría do centro a solicitude e o documento de autodeclaración debidamente cubertos e asinados.

Prazo para entregar a solicitude na secretaría do centro, ata o 16 de xullo.

Horario de 10:00 a 13:00 horas.

Poden descargar os formularios nos documentos adxuntos.

 

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2021-2022

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2022/2023

Posted in

ORDE DA CONVOCATORIA

 PRAZO:

 19/05/2022 - 22/06/2022

 

DESTINATARIOS:

- Alumnado de 1º e 2º Primaria: Axudas para adquisición de libros.

-Alumnado de 3º e 4º Primaria: Beneficiario do Fondo Solidario.

REQUISITOS:

       Renda per cápita familiar inferior ou igual a 10.000 €.

 

- Alumnado de Primaria: Axudas para adquirir material escolar.

REQUISITOS:

      Renda per cápita familiar inferior ou igual a 6000€.

      Ou discapacidade igual ou superior ao 65%. 

      Ou garda/tutela pola Xunta de Galicia. 

 

O alumnado que vaia cursar  5º e 6º de educación primaria no 2022-2023, está incluído no programa E-Dixgal, polo que non pode solicitar a axuda  para libros de texto, pero sí pode solicitar a axuda para material escolar.

 

FORMULARIO SOLICITUDE: AQUÍ

IMPORTANTE:

O anexo II da solicitude debe ser asinado por TODOS os membros da unidade familiar, agás o solicitante.No caso de menores de idade, este documento deberá ser asinado por un dos proxenitores, titor/a ou representante legal.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica:

A través da aplicación FONDOLIBROS

En SEDE ELECTRÓNICA


Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 

Horario de presentación no centro: de 9:30 a 11:30 e de 12:30 a 13:30 horas.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Solicitude (anexo I e anexo II debidamente asinados)

Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais, poderase aceptar:

- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
 
Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2020, agás no relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

NO CENTRO NON SE FAN FOTOCOPIAS.

TODA A INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA AQUÍ

 

 

 

FORMULARIO PARA O CURSO 2021-2022

Os pais/titores legais que teñan que realizar algún cambio referente ao transporte escolar, comedor, ou a opción de Relixión ou Valores Sociais e Cívicos, deberán completar o formulario (clicar en 1 adxunto) e entregalo con data límite o 31 de maio. Achegarano, preferentemente, a través da titora.

LISTAS PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021-2022

As listas provisionais do alumnado admitido para o curso 2021-2022 xa se poden consultar no taboeiro de anuncios do centro e na sede electrónica.

24 de Febreiro. Día de Rosalía.

Co gallo do" Día de Rosalía" e tendo como referente as verbas que María Mayoral adicou a  Rosalía" El Ruiseñor de la Poesía Gallega", deseñamos diversas actividades tendo presente a musicalidade  da poesía da autora relacionada co PDI "EmocionArte con Tilandra".

Partindo de que a Música e a Poesía son ARTE, cada curso representou nunha nota musical, unha Poesía de Rosalía e buscamos algunha relación con diferentes obras de arte (pintura). Unha vez plasmado nas notas, colocáronse nun pentagrama para decorar o mural.

Visita Virtual CEIP Plurilingüe Os Tilos

VISITA VIRTUAL CEIP PLURILINGÜE OS TILOS

HORARIO PARA A PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO CENTRO

De luns a venres de 9:15 a 11:15 e de 12:30 a 13:30

Os martes pola tarde de 16:30 a 18:00

Distribuir contido