Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Dinamización Lingüística

QUÉDATE NA CASA E ACOMPÁÑATE DUN LIBRO

Xa que de momento nos toca QUEDAR NA CASA e  se achega o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO dende a biblioteca de Tilandra vos deixamos unhas propostas con enlaces de obras que se poden ler online gratuitamente.

 

CONTA CONTOS KALANDRAKA: https://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33

CONTA CONTOS DE COMBEL NA PAXINA DE YOUTUBE CONTACOMBEL:

https://www.youtube.com/channel/UCR__tfRnf4W4pGPU5C2LNqg

Bruño: https://issuu.com/grupoanayasa/stacks/6f96ef708f4c42e4af792116cf2fa164

La A aventurera: https://issuu.com/grupoanayasa/docs/bs00699901_la_a_aventurera

Mis primeros cuentos cortos: https://issuu.com/grupoanayasa/docs/bc00332101_primeroscuentos_cast

Caperucita de colores: https://issuu.com/grupoanayasa/docs/bc00460101_08_caperucita_colores

Cuentos cortos de animales en peligro: https://issuu.com/grupoanayasa/docs/bc00436801_animalesenpeligro

Lola Pimienta y el secuestrador de perros: https://issuu.com/grupoanayasa/docs/bc00442701_lola_pimienta_cast

ANAYA INFANTIL Y JUVENIL: https://www.anayainfantilyjuvenil.com/noticia/cinco-titulos-para-leer-gratis-desde-casa/

https://issuu.com/anayainfantil/stacks/75d07f7f0e544163a15aff93f1e13441

 XERAIS: https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia

Feliz feroz El Hematocrítico (2016), a partir de 6 años.
https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/feliz_feroz_o_lobo_riquinho_ok

Fred Quincalla, o nómade do mar, Teresa González Costa (2017), a partir de 8 años
https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/fred_quincalla_o_nomade_do_mar

Vaia tropa, Antón Cortizas (2011), a partir de 9 años
https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/vaia_tropa_anton_cortizas

Dragal. A estirpe do dragón, Elena Gallego (2015), juvenil
https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/dragal_iv_a_estirpe_do_dragon

BAIA EDICIÓNS: https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

COLECCIÓNS DE COMICS OLÉ: https://leer-comics.blogspot.com/2019/02/coleccion-ole.html?m=1

 

FESTIVAL ATLÁNTICA 2020

SEMANA DA PRENSA

Ao longo da semana do 9 ao 13 de marzo celebramos no colexio A Semana da Prensa. Para o desenvolvemento desta actividade pedíuselle ao alumnado que aportasen xornais e revistas coas que se traballou ao longo da semana. Posteriormente fíxose unha exposición do traballo dos nenos e nenas e dos materiais utilizados que eles mesmos aportaron.

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. "A TERRA EN FEMININO"

 

 O 8 de marzo de 1857, miles de traballadoras do téxtil saíron as rúas de Nova York co lema "Pan e rosas". Unha protesta polas míseras condicións laborais, a reivindicación de xornadas de traballo xustas e o fin da explotación infantil.

Dende o centro quixemos sumarnos á conmemoración do Día Internacional da Muller e por iso elaboramos un cartel e un libro:" Mulleres polo medio ambiente". Este curso realzamos ás mulleres que loitan por preservar a terra, mulleres que son valentes, sabias, tolerantes  emotivas...

Para o libro "Mulleres polo medio ambiente", contamos coa colaboración das familias.

MOITAS GRAZAS!

 

ENTROIDO 2020

 

O 21 de febreiro celebramos o entroido. Comezamos cun desfile polas rúas dos arredores do centro. Tivemos en conta para a elaboración dos disfraces a temática deste curso "Tilandra pensa en verde". Rematamos a celebración no patio do colexio, onde o alumnado gozou dun tempo de lecer con xogos, bailes e risas.

 

MANDATOS DO MECO

 

 

 

Un curso máis celebramos a semana do Entroido, e para comezar Tilandra nos amosa os mandatos do Meco:

Para este luns:

Para o martes:

 

 

Para o mércores:

 

 

O xoves o meco di:

 

 

ERRANTES POLO MUNDO

Como ben sabedes, o 24 de febreiro é o Dia de Rosalía. Este curso dende o colexio colaboramos cos distintos organimos e elaboramos a seguintes actividades:

-En colaboración co Concello eliximos uns versos nun panel que posteriormante serán transcritos nos pasos de peóns próximos ao colexio.

-En colaboración coa AELG eliximos o poema rosaliano ·Adios ríos, adios fontes" para traballar nas aulas, xa que a temática afonda na morriña e na nostalxia que lle produce ao protagonista a emigración. Tristura de non poder ver a súa contorna, as paisaxes tan fermosas de Galicia.

-Elaboración dun tríptico sobre Rosalía de Castro.

-Lectura e interpretación duns versos de Rosalía por parte dos nenos e nenas de primeiro de educación primaria.

 


ERRANTES POLO MUNDO />

11 DE FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Con motivo da celebración do Día Internacional da muller e a nena na ciencia, recibimos a visita de Eva Cernadas doctora e invetigadora no CITIUS da USC. Visibilizou o papel da muller na ciencia.

Desde o centro queremos agradecerlle que nos permitise coñecer a súa experiencia como muller científica.

Distribuir contido