A escritora Ledicia Costas, visitou esta semana o colexio dos Tilos. Presentou ao alumnado de terceiro de ed. primaria, a colección dos "Minimortos". Conversou con eles e contestou a súas preguntas acerca do libro "Escola de salvaxes". Ledicia dedícase dende moi nova a creación literaria. Este ano colabora coa RAG, na páxina infantil Primavera das Letras adicada este 2022 ao escritor Florencio Delgado Gurriarán.
No día de hoxe tivemos unha visita moi bailadeira. O autor, musico e compositor Paco Cerdeira achegouse ao noso cole, a presentarnos o seu espectáculo "Rockeando con Ramona Órbita".
Velaquí tedes unha pequena mostra do acontecido. A vindeira semana subiremos máis imaxes a galería da web.
O Equipo de Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e outros equipos do centro, ao longo deste curso deseñamos unha serie de actividades relacionadas co PDI: "EmocionArte con Tilandra". Todo o alumnado e todo o profesorado, e, en xeral, toda a Comunidade Educactiva, participaron no desenvolvemento das actividades propostas.
O Ceip Plurilingüe Os Tilos súmase como cada 17 de maio á celebración das LETRAS GALEGAS, este ano adicadas a Xela Arias.
Para conmemorar tal data, as nenas e nenos prepararon a danza dunha muiñeira para, xunto co emprego do galego, fortalecer e divulgar o noso pratimonio artístico e cultural.
O alumnado de sexto, participou no obradoiro de habilidades sociais. Esta actividade levase a cabo en colaboración co Concello de Teo. O alumnado afonda sobre os distinros tipos de comportamento.