O venres 23 de Abril celebramos o Día Mundial do Libro . Esta data é un motivo para valorar a importancia da lectura. Dende o centro tentamos fomentar o desenvolvemento dos nenos-as como lectores.
Deste xeito, e conectando co PDI “Emocionarte con Tilandra”,cada aula elaborou a súa prenda de vestir con distintas alusións á diferentes tipos de libros, personaxes, autores… . En xeral, á literatura.
O obxectivo desta actividade é despertar a curiosidade pola lectura a través das imaxes plasmadas na roupa pendurada do tendal.
Un libro é EMOCIÓN, e a escritura, a PINTURA da voz.
A tradicional lectura na Carballeira, que se fai tódolos anos, este curso, debido a climatoloxía, desenvolveuse nunha Carballeira plasmada nun corredor do centro. Aquí vai unha pequena escolma da actividade.
Os nenos e nenas de terceiro de Educación Primaria elaboraron un mural, co lema "Un libro da ás a imaxinación".