Como cada ano, o 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da non Violencia e a Paz" baixo o lema "RespectArte, ValorArte e EmocionArte con Tilandra", relacionado co PDI que se desenvolve no centro ao longo deste curso.
Con tal motivo, lembramos a necesidade de educar para a tolerancia a solidariedade e o respecto aos demais.
Actividades:
1- Cada grupo/clase coloreou unha man (mandala) da paz, actividade relacionada co proxecto “EmocionArte con Tilandra”.
2- Gravación de todo o alumnado das voces da canción e un pequena coreografía nas clases de Educación Musical.
3- A maiores, un grupo de voluntarios e voluntarias de 5º e 6º de primaria, sacrificando recreos e momentos libres,gravaron o acompañamento instrumental da peza.