Un curso máis, celebramos o Samaín no colexio. Decoramos as portas, os corredores e a biblioteca, con estraños e horripilantes hóspedes: morcegos, esqueletos, bruxas, arañas ...Asemade desfrutamos dos contos terroríficos que prepararon os alumnos/as de quinto e sexto de Educación Primaria. Os nenos e nenas, o venres 28 de outubro, disfrazáronse de personaxes propios e característicos desta festividade.
samaín
A CASTAÑA MONSTRUOSA
Unha das actividades que desfrutamos nestas semanas de outono, foi a segunda edición do concurso A Castaña Monstruosa. Mirade que debuxos máis fermosos presentaron os nenos e nenas do colexio, para participar nel.
ENTREGA DE AGASALLOS ÁS GAÑADORAS
Celebrando O Samaín
Para rematar a Semana Terrorífica nos Tilos, o venres 29 os nenos e nenas disfrazáronse de bruxas, esqueletos, morcegos...Foi unha mañá moi divertida e a ledicia invadiu as aulas.